domingo, 22 de noviembre de 2015

Toda unha vida.


Historia de Evaristo Moreira Novo


Evaristo Moreira Novo nace na parroquia de Sillobre o día 22 de decembro de 1914. Fillo de Nicolás Moreira Lopez e de Andrea Novo Echevarria, nace no seo dunha familia moi humilde de pais labradores. Ten un irmá maior, chamado Antonio co que traballará posteriormente.

A sua infancia trancorre en Sillobre, no que o seu avó materno, Jose Novo, lle da clase , xa que este impartía clases na súa casa . Tamen tiña que traballar nas tarefas do campo para a subsistencia.

No ano 1936, con motivo da Guerra Civil, o Bando Nacional o chama ao fronte e ten que partir cara a guerra. Foi destinado en Teruel, donde estaban nun campamento dedicado a facer trincheiras para protexerse do bando Republicano. Destaca unha anécdota que él nos contaba na que facia moito frio e estaban ao lado dun río que se conxelaba e  se podia andar por el , e enton cando se peinaban os pelos se lles conxelaban de peinarse con auga.
Sobrevive a guerra e volve para a súa casa e comeza a traballar de ferreiro na propia casa con seu irmá. A forxa, daba cartos para sobrevivir.

No ano 1942 , despois de un tempo de mozos, se casa o 14 de febreiro dese mesmo ano con Maria Dolores Salgado Luaces, filla dunha familia con mais posibles e que non viu con bos ollos ese enlace por ser el unha persoa con menos medios.
Retrato de Lola e Evaristo.
Vanse vivir os dous a casa dos pais del ese mesmo ano.










Tres anos despois nace o 1º fillo deste matrimonio, nace miña abuela, Mercedes Moreira Salgado. E os 17 meses nace o 2º, Antonio.

Miña abuela e seu irmán Antonio.

A modo de anécdota compre destacar que foi un incansable membro da comision de festas do lugar, chegando a ser unhas festas moi destacadas na comarca pola Romería de san Ramón na que os “irmáns moreira” eran moi coñecidos pola subasta e puxa que se facia no descanso da festa con ofrendas como millo, mazás… que ofrendaban o santo.

O principal modo de alimentar a súa familia viña da forxa, que chegou a ser a única en Sillobre e a ser o seu traballo moi recoñecido e moi apreciado pola xente do lugar e da propia comarca, chegando incluso a abastecer unha ferreteria en Pontedeume. A forxa funcionaba por encargas, facendo carros, raños, martillos, fouciños e incluso os mangos dos aperos, que el mismo facia dun xeito curioso. Contabame que ia o monte e selecionaba os castaños pequenos e os doblaba para que tiveran unha curvatura para ser mais comodos traballando. Asi cando o castaño crecia era perfecto para unha picaña e poder picar o monte mais doado.


A forxa tiña gran actividade debido a súa calidade de obra, pero no ano 1969 a causa da morte do seu irmá cesa a actividade desta, ainda que se manten uns meses debido a unhas encargas.
Asi pois comeza a buscar traballo e entra a traballar na canteira do Reboredo en Sillobre, tendo un oficio similar o anterior, apuntando os barrenos e facendo cousas do gremio. Todo esto sempre combinado  co traballo na terra da casa e dos seus animais.
Traballa na canteira ata a sua xubilacion no ano 1976 aos 65 anos.
Despois da sua xubilacion levou unha vida tranquila na súa casa dedicado a súa horta, a atender os seus montes , a coidar os animaliños.
Disfrutando da súa larga vida, tivo 6 netos e 5 bisnetos. Mantivo unha vida tranquila e sin enfermedades notables , sendo unha persoa que nunca estivo ingresada nin perdeu a cabeza.

Foto de familia na boda do seu fillo.

O 1 de decembro de 2010 morre a súa muller Lola quedando el só na súa casa o coidado dos seus.
Finalmente a idade avanzada de 97 anos e conservando claridade abosoluta, morre o 6 de maio do 2012 na súa casa matriz en Sillobre.
Os seus restos descansan xunto os da sua familia no cementerio parroquial de Sillobre.

 
Familia Moreira Salgado.

Epílogo:

Sei que esta historia non ten grandes aventuras nin un gran heroe de grandes azañas. Esta é unha historia simple, de un home que fixo a súa vida a pesar das dificultades e foi capaz de sacar adiante unha familia.
Mais que a  a nota que me poñan, valoro mais o bo rato que pasei recordando a sua vida e recordando anecdotas que el me contaba e que me contou miña abuela.

Mais que un traballo, gustarime que esto fose un pequeno, ainda que moi garimoso homenaxe.

Partida e regreso.



Vida de Manuel Couce Piñón


Comeza esta historia o día 4 de agosto de 1920 no lugar de Placente, no concello de Narón. Fillo de Luis Couce Yañez e Elvira Piñón Varela, de profesión labadores.
Ten 14 irmáns, dos que tres son medios irmáns. O irmá maior emigra para Montevideo, a onde posteriormente emigraran a maioria dos irmans.
A infancia de Manuel transcorre en Sedes onde foi a escola e traballou no campo.
Despois cando deixa a escola aos 17 anos, foi voluntario para Infantería de Marina no Tercio Norte, no que foi o cornetín de banda , onde tocaba o instrumento para facer movimientos e despertar a xente.
Estuvo 7 anos, 3 de mili e 4 de reenganche.
Cando termina a mili, se casa na parroquia de Sillobre, con María Rodriguez Vila, na data do 27 de julio de 1940.

Enlace de Manuel e María.


Logo pide a escedencia e marchou da Marina e marcha para a empresa da Marina Bazan, para obras civiles, onde estuvo dous anos.

Nesta tempo, no ano 1945, nace o unico fillo deste matrimonio, Ángel Couce Rodriguez.




Manuel xa en Montevideo.
Sale de ahí e marcha cara Astano de soldador pero como non daba suficientes cartos, reclamado polo seu irmá Jose Antonio, decide emigrar cara Montevideo. Asi o dia 18 de agosto de 1947, deixando aquí a  súa familia, sae rumbo a Vigo para embarcar alí nun barco que o leva cara Arxentina , nunha viaxe de 18 días.


Chegado alí foi cara a casa do irmá e encontrou traballo de soldador, nun taller de metalurxía co nome “ Castro dobarro”.



Despois de traballar tres meses alí, na parte alta do taller fixeronlle unha vivenda, na que vivía  para vixilar e coidar de aquelo.
Os cartos que se gañaban alí daban para vivir alí,pero debido o cambio de moneda aquí en España era un soldo moi baixo.
Como vía que rico non se ia facer , voltou cara España no ano 1958, pouco mais rico do que se foi, iso si, con percha e falando o castellano.
Posteriormente voltou onda a sua muller e o seu fillo, de onde salira 11 anos atrás.

Día no que chegou de Montevideo.

Volven encontrar traballo nunha empresa auxiliar de Astano, na empresa Ribera Seco por un ano e solicita a entrada en plantilla da propia empresa e é aceptado.
Traballou en Astano ata os 62 anos que se prexubilou.

No ano 1983 se lle descubre un tumor no pulmón, un cancro, debido a que fumaba en gran cantidade, incluso cando se lle descubriu a enfermidade seguiu fumando e chegando a dicir:-Prefiro durar menos que deixar o pitillo.



Asi tras un ano de enfermidade non moi notable ,  morre o dia 27 de octubre de 1984, na sua casa de Sillobre, tras unha gran agonía os ultimos 15 dias.
Os seus restos descansan en Sillobre, xunto os dos seus familiares.

Foto enviada desde Montevideo a súa familia.


Este é o meu resumo da vida do meu bisabó o que por desgracia non tiven o pracer de coñecer e poder escoitar e disfrutar as súas aventuras,que so coñezo grazas o que me conta meu abuelo.


sábado, 7 de noviembre de 2015

A CULTURA CASTREXA NO CONCELLO DE FENE.

                         
O término Cultura Castrexa aplicóuse a un tipo de ocupación humán en poboados fortificados denominados castros, localizados nun espazo xeográfico moi concreto que se corresponde coa actual Galicia ata Navia en Asturias, e Portugal ata o Douro.
Cronoloxicamente, o inicio da cultura castrexa, podemos situalo entre o final do Bronce e o inicio da Idade do Ferro, dende o século VII a.C ata o século I d.C, momento no que se fusiona coa cultura román, perdurando polo tanto na denominada cultura galaico-román.


O HABITÁT

Os xacementos castrexos de cronoloxía máis antiga tiñan as vivendas contruídas con materiás perecederos. Será no momento de esplendor desta cultura cándo as habitacións se construirán en pedra. A forma varía, poidéndo ser circulares, elípticas ou cuadrángulares. A circular é a máis abundante, situándonos nun momento de influencia do mundo román cándo aparecen as esquiñas en ángulo.





A ECONOMÍA.

A economía dos castros do noroeste penínsular e complexa, basándose na agricultura, ganadería recolección, caza, marisqueo e minería. Ademais debemos engadir a existencia dunha artesanía relacionada coa cerámica, a cestería, o coiro, o tecido, a madeira e a pedra.
Existía mesmamente o comercio a pequeña, media e longa distancia, a través de rutas marítimas, fluviáis e terrestes.
A agricultura é fundamentalmente cerealista, xunguída á recollida de froitos silvestres.
A gandería básase primordialmente nos bovinos e ovicápridos.
A metalurxia castreza tén bastante importancia, estándo favorecía pola abundancia de estaño, ferro, ouro, chumbo e cobre. Destaca a orfebrería, sobre todo os traballos de repuxado, estampado, filigrana e granulado, nos torques, brazaletes, diademas e arracadas.


ESCULTURA.

Na escultura destacan as representacións de guerreiros, e cabezas humáns, así como verracos, serpes, e cabezas de animáis.
Son importantes os elementos decorativos que hai na arquitectura, sobre todo dintéis e xambas de vivendas, así como dos monumentos con Forno, tamé coñecidos como “Pedras Formosas".




ALFARERÍA.

É  una das manifestacións artesanáis con características máis acusadas, da cultura dos castros do noroeste. As excavacións dos xacementos amosan umha gran variedade e cantidade de anacos de cerámica.
O recoñecemento das formas, tipoloxía, feitura, cocción, decoración, axudan a coñecer dún xeito máis fiable o incio, evolución, cronoloxía, influxos, etc..desta cultura.
A cerámica máis antiga está feita a mán, o uso do torno lento indica una evolución, e o torno rápido manifesta o influxo doutras civilizacións, fundamentalmente a tomán.
As decoracións predominantes son as incisións, estampados, aplicación, motivos en S, círculos, meandros, e liñas paralelas e horizontáis.






Hai uns seis mil castros ou construcción castrexas en Galicia, en diverso estado de conversación.
No concello de Fene temos sete castros catalogados: Orra, As Pías, Cardoeiro, Pena do Castro, Prismos, As Escadas, Os Castros de Magalofes.
Ademais existen posibilades de que haxa outros castros no Campo de Marta en Maniños, no Escurial en Limodre e no Río Castro.

Mapa Concello de Fene


CASTRO DE ORRA.

Este castro foi destruído en parte, actualmente hai una casa dentro do recinto. Atópase en Orra, na parroquia de Sillobre.
O diámetro maior do castro mide 100 metros, o menor 80 metros. O segundo muro mide uns 100 metros e o muro destruido 15 metros.
A croa deste castro foi aplanada para facilitar o cultivo porque tiña un montículo no medio. Una parte do muro foi tirada para facer un camiño de entrada á casa e alí foi ondea toparon tres soleiras de muíño, e fusaiolas. A pesar de todo, a croa ten o muro case intacto.


As Pías.

Atópase no lugar nomeado As Pías, actualmente repousa baixo os estaleiros de Astano, pero sábese que podería ser un castro. Pénsase tamén que podería ser un lugar de sacrificios, onde había moitas pías de sacrificio, as cales recorda a xente.
Sería un castro de beiramar, onde apareceron recentemente, abondosos restos de vasos e ánforas de arxila.



Castro de Cardoeiro.

O Castro de Cardoeiro encontrase derribado no noventa por cen, foi derruído no ano 1970 debido a un aplanamento do terreo para zona urbana e para os estaleiros de Astano.
Está situado nun monte na parraquio de San Estevo de Perlío.
Cando foi arrasado pola pá mecánica o grupo de “operación Rescate” de Fene e algún particulares recolleron abondosos restos de cerámica muíños, cunchas, ósos, etc…


Pena do Castro.

Sitúase na Pena do Castro na parroquia de Barallobre a una altura de 132 metros.
Era un lugar onde había unha pena de sacrificios que co tempo foi utilizada para as edificacións do lugar.
Na Segunda República estiveron alí un mestre e os seus alumnos, e deixaron bastantes furados e cousas derruídas. A zona que corresponde á croa tiña unha antena de televisión nunha pena.
Onde está situado ten un bon mirador dende o que se pode contemplar toda a ría de Ferrol e o Monte de Marraxón.
O muro de Croa está feito de laxe de pizarra e terra, mentras que o segundo muto está feito de terra.


Castro de Prismos.

Este Castro esta situadonun monten na parroquia de Maniños, é un dos castros máis completos que temos, e conserva bastante ben tódolos seus elementos, un pouco ocultos pola matogueira.
Os muros son bastantes altos, sobre todo pola parte norte. Teñen pedra e terra. Pola zona Leste da croa teñen un metro e medio de ancho, e pola zona norte teñen catro metros de altura aproximadamente.


Castro das Escadas.

Tamén situado na parroquia de Maniños, nun lugar chamado A Gatita, a unha altura de 32 metros, econtrase o Castro das Escadas na beiramar, xunto a un acantilado que o defende, ademais do muro semianular.
É un castro ribeireño, a croa do castro ten forma elíptica á cal van ampatar dous muros que sobrepasan o círculo.
Este castro ten dúas entradas. Todo o casto (sin contar co muro da zona norte) ten unha lonxitude de 450 metros.


Os Castros.

A pesar de se chamar Os Castros, só se pode atopar un castro.
Situado nun monte a 300 metros na parroquia de Magalofes, este momte ten unha forte pendente, e pola parte sur presenta cinco muros concéntricos. Pola parte norte ten un terreo, a partir da coroa, que presenta laxe e pizzara solta. Este mesmo terreo, pola parte máis baixa, por onde esta cultivado, ten un pequeño regato.

É prácticamente imposible chegar á mesma croa, debido ós toxos que están moi erguidos e espesos.


Debido a pouca documentación existente no concello de Fene sobre os nosos Castros non puiden ampliar máis este tema,nin con imaxes nin con outro tipo de documentos.
Fago un chamamento o noso concello para que na nosa biblioteca poidamos atopar máis información sobre temas dos séculos pasados do noso concello.


lunes, 2 de noviembre de 2015

El samaín y sus origenes celtas.

Samaín es una celebración de origen celta que el cristianismo reconvirtió en el Día de Todos los Santos pero lo cierto es que el origen y la esencia de esta celebración es celta y pagano. Esta fiesta llevaba unas décadas olvidada, pero en los últimos años se está volviendo a recuperar gracias al trabajo realizado en las escuelas y en varios ayuntamientos de Galicia. 
    La noche del 31 de octubre comienza el Año Nuevo celta, acaba el verano y entra el invierno. En esta noche las ánimas de los muertos atraviesan la puerta que separa el mundo de los vivos y de los muertos y visitan las casas de sus familias para calentarse y tomar algo de alimento. El calendario celta dividía el año en dos partes, la mitad oscura comenzando en el mes de Samonios (lunación octubre-noviembre), y la mitad clara, a partir del mes de Giamonios  (lunación abril-mayo). Se consideraba que el año empezaba con la mitad oscura, así Samonios se convertía en el año nuevo celta. Todos los meses comenzaban con la luna llena y la celebración del año nuevo tomaba lugar durante las «tres noches de Samonios», la luna llena más cercana entre el equinoccio de otoño y el solsticio de invierno. Las lunas llenas marcaban el punto medio de cada mitad del año durante las cuales se celebraban festivales. El calendario de Coligny marca la luna de pleno verano, sin embargo, omite la de pleno invierno. El calendario fue diseñado para alinear las lunaciones con el ciclo agrícola, y la posición astronómica exacta del Sol se consideraba menos importante.

En la Irlanda medieval, Samaín permaneció como la principal festividad, celebrada con una gran asamblea en la corte real de Tara, durando tres noches, consistente con el testimonio galo.
La festividad céltica del Samaín se describe como una comunión con los espíritus de los difuntos que, en esta fecha, tenían autorización para caminar entre los vivos, dándosele a la gente la oportunidad de reunirse con sus antepasados muertos. El Ciclo de Ulster está salpicado de referencias al Samaín. Muchas de las aventuras y campañas emprendidas por los personajes comienzan en la fiesta de la noche de Samaín.  Esta fiesta de los espíritus era una de sus fiestas principales, pues celebraban lo que para los cristianos sería el «cielo y la tierra» (conceptos que llegaron solo con el cristianismo). Para ellos el lugar de los espíritus era un lugar de felicidad perfecta en la que no había hambre ni dolor. Los celtas celebraban esta fiesta con ritos en los cuales, los sacerdotes druidas, sirviendo como medium, se comunicaban con sus antepasados esperando ser guiados en esta vida hacia la inmortal. Se dice que los «espíritus» de los ancestros venían en esa fecha a visitar sus antiguos hogares.




domingo, 1 de noviembre de 2015

O arte rupestre en Galicia

Na prehistoria galega destaca pola sua particularidade o arte rupestre. Consiste en grabados sobre rocas ao aire libre . Teñen una característica geométrica que se distingue pola sua tendencia a línea curva. Estes grabados se chaman comúnmente petroglifos ou insculturas, que son dibuxos moi sobrios debido a que están esculpidos en roca moi dura como o granito.

As duas técnicas empregadas polos primitivos son a abrasión e percusión.                                    
  A abrasión consiste en un surco en forma de u, aberta e cos bordes suavizados.                            
E por percusión presetan os trazos en forma de v ou u e cos bordes en forma de arista.




  • Tipoloxía e distribucion

         
Non hai unha tipoloxía valida porque moitos dos grabados escapan a calquer tipo de clasificación, aínda que podemos distinguir unhos tipos fundamentais de grabados:   

  • Zoomorfos: (son os cervidos, capridos, equidos...) 

  • Debuxos xeométricos curvos:( círculos, espirales, laberintos, soliformes)   


       
  •  Debuxos de armas:(espadas, puñales, machados)             

                                                      

  •  Debuxos antropomorfos.  


                                                     


  •  Debuxos xeometricos:( angulos, rectangulos, cuadrados,…)           


            
  • Debuxos idoriformes:( debuxos que representan a deuses, heroes,..)                  

                         


  • Distribución e localización:

Non e unha distribución homoxenea, xa que non esta asentada por toda Galicia .  A maior concentración destos grabados encontrase nas zonas costeiras e sobre todo nos vales próximos as desenbocaduras dos rios Ulla e Miño.

  • Cronoloxía:

E moi difícil establecer una cronoloxía exacta dos petroglifos. Se cree que as figuras de cervidos estan comprendidas entre o 6000 e o 2000 a.C., mentres que as figuras xeometricas se situan en torno ao 1500 ao 900 a.C., polo que se pode afirmar que aínda que alguns grabados sexan anteriores o periodo megalítico, a maioria iniciaronse na Idade de Cobre, tiveron o seu auge na Idade de Bronce e incluso se chegaran a grabar alguns na Idade de Ferro.                                               

sábado, 17 de octubre de 2015

Os restos do megalitismo en Sillobre.

 Sillobre data da época do megalitismo por unha serie de monumentos típicos de esa época como son: construcións funerarias chamadas mámoas, megalitos, menhires,castros e lugares con nomes propios de esa época.
Os chamados "mouros" son coñecidos como unha tribu máxica a que se atribuiron fenómenos sobrenaturais. Diciase que aparecian en lugares extraños como as mámoas ou castros imaxinando temas lexendarios que circularon polo mundo rural dende a idade media en adiante. Detrás de estes "mouros" (os extraños,os antigos, os de fora) está o recordo de habitantes prehistóricos de Galicia e de miles de lendas e tradicións conservadas na actualidade pero catolizadas ou algunhas poucas que sobreviviron como tal.

Propio de estas lendas atopase en Sillobre, nun lugar chamado o Revolto, que esta situado nunha zona alta sobre o val, unha fonte coñecida co nome de “Fonte dos Mouros”, “Fonte do Tesouro” ou “Fonte do Asturiano”. Coñecida por todos polo nome de “ Fonte dos Mouros” data da época castrexa por certas lendas que hai sobre ela e mais por elementos característicos na súa construcción. A fonte ten pezas características da influencia do cristianismo que se explican coas peregrinacions a Santiago de Compostela ao redor do seculo XII no que a fonte foi “cristianizada”. A fonte está formada por una pedra labrada na parte superior “ dintel” e no centro ten un oco en forma de venta polo que sae a auga por un cano de pedra e que desemboca nun sarcófago antropomorfo de pedra de granito, material propio da parroquia.
Na fonte tamén se atopa un río de lavar de catro pedras que se levantou para aproveitar a agua da fonte e que está a súa dereita facendo unha L e data de fináis do XIX ou do XX  ( hoxe en día desaparecido pola súa mala conservación)
A historia que rolda sobre ela di que un mouro atopase enterrado no interior da fonte (dentro do oco en forma de ventá) e que dentro tamén esta o seu preciado e valioso tesouro que será recuperado por una fermosa moura que chegara calquer día.

Pequenas anécdotas da xente do lugar din “ din que ahí enterraran un rei mouro e din que van resucitar” “o castro din que foi dos mouros negros”.





(Como vemos o seu estado de conservación e de admiración é lamentable, xa que o concello non fai nada por promociónalo e no propio lugar a maioría da xente nova non sabe nin o que é nin donde esta, pola mala promoción e a mala divulgación)


Marraxón.

No monte de Marraxón que ocupa case todo o extremo Este do concello de Fene, e situado a 359 metros de altitude (punto máis elevado do concello) atopase o coto do Rei no que se conservan restos de 19 túmulos funerarios ou mámoas.



Neste coto do Rei ( este Rei según a xente do lugar seria un Rei Mouro) conservanse os restos dunha mámoa de gran tamaño, desolada e con evidentes signos de excavacións incontroladas e de 28 metros de diámetro aproximadamente. Cabe destacar tamén o mámoa numero  dous que esta entre o limite de Neda e Fene, a catro seccionada por un valado e un camino, a sete illada dividindo duas zonas e é onde esta o vértice Xeodésico, a numero dez que esta entro o angulo de dous valados e perdeu a súa estructura primitiva, e a numero once que hoxe en día se utiliza como marco.


No monte, o toxo impide polo seu tamaño apreciar, descubrir ou visitar os restos de estas mámoas, mitad delas destruidas por buscadores de tesouros que ao non atopar nada deixarón buracos na terra e por culpa do concello que nunca fixo nada por asegurar este patrimonio ou por facer estudios sobre el.
Se atopan grandes pedras descolocadas nas que se supon que eran dolmes utilizados nesta zona como enterramento de animais ou dalgunhas persoas. As mámoas datan do 3500 a.C e por trasmisión oral da zona veu circulando a idea de que “ isto das mámoas e cousa de mouros”
Da espoliación dos xacementos as pedras atopadas nas casas dos veciños da zona se ve que son pedras moi grandes e moi ben feitas polo que di que as pedras eran das cubertas dos dolmes ou do castro que hoxe estaría no mirador do coto do Rei e que as suas pedras foron expropiadas para a construcción.




Petroglifos




Datan da época do 3000 ou 2000 antes de cristo. En Marraxón atopamos algún exemplo de petroglifo (pouco comúns no norte de Galicia).
No “campo das Cabaxas” atopase un deles. De amplas dimensión e nunha pedra de granito están labrados tres círculos profundos, non se sabe o seu significado pero se supón que podía ser un indicador, aínda que é un suposto dado que non se fixo ningún estudo nin recoñecemento. O outro existente atopase no cume de coto, que se duda se e un petroglifo ou incisions feitas por algún canteiro da zona para romper a pedra.


A época castrexa en Sillobre.

Podemos confirmar a presencia dos celtas tanto nesta zona como en todas as terras do río Eume, esto se confirma polo gran numero de lugares e de palabras que a pesar dos séculos transcurridos manteñen a estructura (topónimos). As palabras rematadas en -obre ou-bre son celtas, polo tanto Sillobre tivo ali a súa orixe. A súa formación e de topónimos similares e pola unión de una raíz basada nun antropónimo sil+-obre, partícula que quere decir indicador de lugar, polo cal interpretamos que Sillobre significa “Castro de silo ou silio”, que este seria un antropónimo de orixe celta. O topónimo obre e un locativo celta que indica recinto ou cidade fortificada ou querendo un castro.
A construcción dos castros inciase na idade de bronce, e no concello de Fene hai rexistrados sete castros, ainda que se sabe da desaparición dalguns.
Do que vamos falar e do vergonzoso castro de Sillobre, o que hoxe en día e propiedade privada e no que esta edificada una casa que na súa construcción atopou obxetos e restos megalíticos e que cunha pala tirou e enterrou todo. Como a sociedade do momento non tiña interese por esas cousas ( nin a de agora tampouco)  fixose a vista gorda e non se lle deu importancia ao caso, e isto sucedeu a mediados do século mais ou menos.
A continuación vamos falar de cómo era o castro antes da sua desaparición.
Denominado “Castro de Orra” esta situado sobre un outeiro dominando un pequeno val.
O castro tiña una pranta ovalada e estaba rodeado por un muro de terra e pedra con duas filas de muros arqueadas e paralelas a acrópole cunha función defensiva. Nesta zona atoparonse pezas de muiños, muiños de mans pola proximidade dun río denominado río de Rol.