sábado, 17 de octubre de 2015

Os restos do megalitismo en Sillobre.

 Sillobre data da época do megalitismo por unha serie de monumentos típicos de esa época como son: construcións funerarias chamadas mámoas, megalitos, menhires,castros e lugares con nomes propios de esa época.
Os chamados "mouros" son coñecidos como unha tribu máxica a que se atribuiron fenómenos sobrenaturais. Diciase que aparecian en lugares extraños como as mámoas ou castros imaxinando temas lexendarios que circularon polo mundo rural dende a idade media en adiante. Detrás de estes "mouros" (os extraños,os antigos, os de fora) está o recordo de habitantes prehistóricos de Galicia e de miles de lendas e tradicións conservadas na actualidade pero catolizadas ou algunhas poucas que sobreviviron como tal.

Propio de estas lendas atopase en Sillobre, nun lugar chamado o Revolto, que esta situado nunha zona alta sobre o val, unha fonte coñecida co nome de “Fonte dos Mouros”, “Fonte do Tesouro” ou “Fonte do Asturiano”. Coñecida por todos polo nome de “ Fonte dos Mouros” data da época castrexa por certas lendas que hai sobre ela e mais por elementos característicos na súa construcción. A fonte ten pezas características da influencia do cristianismo que se explican coas peregrinacions a Santiago de Compostela ao redor do seculo XII no que a fonte foi “cristianizada”. A fonte está formada por una pedra labrada na parte superior “ dintel” e no centro ten un oco en forma de venta polo que sae a auga por un cano de pedra e que desemboca nun sarcófago antropomorfo de pedra de granito, material propio da parroquia.
Na fonte tamén se atopa un río de lavar de catro pedras que se levantou para aproveitar a agua da fonte e que está a súa dereita facendo unha L e data de fináis do XIX ou do XX  ( hoxe en día desaparecido pola súa mala conservación)
A historia que rolda sobre ela di que un mouro atopase enterrado no interior da fonte (dentro do oco en forma de ventá) e que dentro tamén esta o seu preciado e valioso tesouro que será recuperado por una fermosa moura que chegara calquer día.

Pequenas anécdotas da xente do lugar din “ din que ahí enterraran un rei mouro e din que van resucitar” “o castro din que foi dos mouros negros”.





(Como vemos o seu estado de conservación e de admiración é lamentable, xa que o concello non fai nada por promociónalo e no propio lugar a maioría da xente nova non sabe nin o que é nin donde esta, pola mala promoción e a mala divulgación)


Marraxón.

No monte de Marraxón que ocupa case todo o extremo Este do concello de Fene, e situado a 359 metros de altitude (punto máis elevado do concello) atopase o coto do Rei no que se conservan restos de 19 túmulos funerarios ou mámoas.



Neste coto do Rei ( este Rei según a xente do lugar seria un Rei Mouro) conservanse os restos dunha mámoa de gran tamaño, desolada e con evidentes signos de excavacións incontroladas e de 28 metros de diámetro aproximadamente. Cabe destacar tamén o mámoa numero  dous que esta entre o limite de Neda e Fene, a catro seccionada por un valado e un camino, a sete illada dividindo duas zonas e é onde esta o vértice Xeodésico, a numero dez que esta entro o angulo de dous valados e perdeu a súa estructura primitiva, e a numero once que hoxe en día se utiliza como marco.


No monte, o toxo impide polo seu tamaño apreciar, descubrir ou visitar os restos de estas mámoas, mitad delas destruidas por buscadores de tesouros que ao non atopar nada deixarón buracos na terra e por culpa do concello que nunca fixo nada por asegurar este patrimonio ou por facer estudios sobre el.
Se atopan grandes pedras descolocadas nas que se supon que eran dolmes utilizados nesta zona como enterramento de animais ou dalgunhas persoas. As mámoas datan do 3500 a.C e por trasmisión oral da zona veu circulando a idea de que “ isto das mámoas e cousa de mouros”
Da espoliación dos xacementos as pedras atopadas nas casas dos veciños da zona se ve que son pedras moi grandes e moi ben feitas polo que di que as pedras eran das cubertas dos dolmes ou do castro que hoxe estaría no mirador do coto do Rei e que as suas pedras foron expropiadas para a construcción.




Petroglifos




Datan da época do 3000 ou 2000 antes de cristo. En Marraxón atopamos algún exemplo de petroglifo (pouco comúns no norte de Galicia).
No “campo das Cabaxas” atopase un deles. De amplas dimensión e nunha pedra de granito están labrados tres círculos profundos, non se sabe o seu significado pero se supón que podía ser un indicador, aínda que é un suposto dado que non se fixo ningún estudo nin recoñecemento. O outro existente atopase no cume de coto, que se duda se e un petroglifo ou incisions feitas por algún canteiro da zona para romper a pedra.


A época castrexa en Sillobre.

Podemos confirmar a presencia dos celtas tanto nesta zona como en todas as terras do río Eume, esto se confirma polo gran numero de lugares e de palabras que a pesar dos séculos transcurridos manteñen a estructura (topónimos). As palabras rematadas en -obre ou-bre son celtas, polo tanto Sillobre tivo ali a súa orixe. A súa formación e de topónimos similares e pola unión de una raíz basada nun antropónimo sil+-obre, partícula que quere decir indicador de lugar, polo cal interpretamos que Sillobre significa “Castro de silo ou silio”, que este seria un antropónimo de orixe celta. O topónimo obre e un locativo celta que indica recinto ou cidade fortificada ou querendo un castro.
A construcción dos castros inciase na idade de bronce, e no concello de Fene hai rexistrados sete castros, ainda que se sabe da desaparición dalguns.
Do que vamos falar e do vergonzoso castro de Sillobre, o que hoxe en día e propiedade privada e no que esta edificada una casa que na súa construcción atopou obxetos e restos megalíticos e que cunha pala tirou e enterrou todo. Como a sociedade do momento non tiña interese por esas cousas ( nin a de agora tampouco)  fixose a vista gorda e non se lle deu importancia ao caso, e isto sucedeu a mediados do século mais ou menos.
A continuación vamos falar de cómo era o castro antes da sua desaparición.
Denominado “Castro de Orra” esta situado sobre un outeiro dominando un pequeno val.
O castro tiña una pranta ovalada e estaba rodeado por un muro de terra e pedra con duas filas de muros arqueadas e paralelas a acrópole cunha función defensiva. Nesta zona atoparonse pezas de muiños, muiños de mans pola proximidade dun río denominado río de Rol.