lunes, 7 de diciembre de 2015

Bitácora dos escapados.

Os acontecementos e conflictos políticos ocurridos a finais da década dos anos 30 provocaron na xente de Galicia medo e desconcertanza. A xente non entendia ese novo goberno e non entendía as razons da guerra, por iso a maioria dos homes e sobre todo os mozos fuxiron ao monte os primeiros días da guerra
pensando que o conflicto duraría un par de días ou uns meses.
Pero non foi así e a situación prolongouse anos e anos, e as consecuencias acabaron sendo fatais para esta xente.

A estes homes se lles coñece por esta zona co nome de “escapados”, xa que por medo a guerra ou por ser republicanos e verse en perigo, botaronse cara a vida no monte. Xeralmente esta era xente normal, da parroquia, que ainda que fuxia seguia tendo contacto coa súa familia e voltaba a casa en busca de comida,
ainda que o risco era moi peligroso , porque si a Garda Civil os collia seguramente fosen fusilados ou encarcelados.
Pero non so era xente común, por esta zona tamen era comun encontrarse con militares vestidos de traxe e con galóns e condecoracions no medio do monte. Estes militares eran os que estaban a favor da República ,e para evitar a morte fuxiron cara o
monte. Estes homes condecorados facian reunions e planeaban estratexias no monte , e cando te encontrabas con eles pedianche algun alimento e explicaban a sua causa. Non tiñan un lugar fixo
como a xente escapada do lugar, senon que estaban por algun pouco tempo en cada lugar.

Os homes que por desgracia eran atopados, eran procesados polas armas. Xeralmente eran fusilados nas portas dos ceminterios, nos muros das iglesias ou no medio do monte. Os seus corpos eran soterrados nos cementerios civis pola familia ou polos propios veciños, para non deixalo ali tirado. Ainda que os escapados de Sillobre tiñan maior sorte. O cementerio estaba dividido en duas partes, a parte catolica, mais grande, e a parte civil, destinada aos nenos sen bautizar e a xente non creente.
Contase que en Marraxon apareceu un home cun tiro na cabeza, e ao preguntarenlle ao cura donde o enterraban este respondeu: -No catolico, que non é un animal.
Tamen outros escapados como un tal Parará estaba soterrado no católico, e cando meus abuelos eran pequenos, eran os cativos quenes alumeaban a sua sepultura.
E curioso pero non había mulleres escapadas.


"Anécdotas"

Ahora vou contar unha serie de anécdotas que recordan meus abuelos.

-Parará era un fugitivo que procedia de Franza que andaba pola zona de Sillobre e que non facia mal a xente, pero que por delatar aos compañeiros doutro grupo de Taboada , estes tomaron represalias e o mataron no Cal do Foxo.

-Conta meu abuelo que o seu pai un dia baixaba para traballar e o pararon un grupo de tres homes e lle pediron que fose a casa dun veciño que era seu compadre e manexaba diñeiro para pedir cartos.
Meu bisabuelo negouse e lle puxeron o revolver na cabeza, e un dos tres dixo que o deixaran, que estaba casado cunha persoa coñecida e que a deixaran. Tan so lle levaron o almorzo, un xurelo
e unhas patacas cocidas.

- Recorda meu abuelo a homes vir de noite beber o pozo e este preguntarlle a sua abuela quenes eran e esta lle decia que se metera para dentro. Estes homes petaban a porta e pedian algo de comer e se lles daba por medo , e os aos homes que había na casa iban para o piso da riba e lles falaba a abuela de meu abuelo.
Tamen intentaron vir comer un ano polo día do patrón.

-Nunha ocasión tres escapados se acercaron Pedro Fernandez, que era o dono da compañía eléctrica daquel momento que surtia a Fene. Os escapados,que eran traballadores da sua empresa pedironlle cartos e mandaron levalos a canteira do Reboredo. Este home dixollo a Garda Civil e cando viñeron traer os cartos os fusilaron. Dous destos homes se chamaba Yoyo e outro Pereira, e foron arrastrados desde a canteira hasta a porta do cemiterio e foron enterrados no católico.

-Nunha ocasión meus bisabuelos chegaron a un monte entre San Marcos e Magalofes e atoparon a uns homes vestidos de uniforme e con maquina de escribir redactando a algo e se acercaron a eles.
Estes explicaron quenes eran e lles pediron que lles levasen algo de comer , que iban estar uns dias pola zona. Meus bisabuelos explicaron a situacion da sua casa e quedaron en levar algo, pero acabaron de cargar o carro e non volveron por ali nuns cantos dias.

-Recorda meu abuelo que nun monte da propiedade da casa, se reunian hasta sete parexas da garda civil de diferentes cuarteles e aos que lles tocaba facer a guardia de noite pedian para quedarse a dormir na casa.
Na casa de meu abuelo se teñen quedado moitas veces porque non podias negarte, pero conta que esa noite non durmia nadie.

-Me contaba meu bisabuelo, que uns tios del que eran sordo mudos, non lles deixaban andar sos de noite porque como no oian , tiñan medo de que a garda civil lles mandase parar e que ao non oir a garda lles pegase un tiro.

Ahora vou falar das anecdotas de miña abuela que naceu no ano 1935.

-Di miña abuela que os escapados foro malos para moita xente, porque iban cenar a casa da xente e logo subian cas rapazas da casa para as habitacions e asi naceron moitos fillos.
Tamen eran malos porque lle roubaban a xente e te comprometian porque o colaborar con eles eras un traidor
Di miña abuela: -Que alivio cando os mataron a todos!

-Un 18 de xullo de 1950 os escapados estaban en Fene na casa dun tal Pereiriña , o que fora asasinado na canteira, pois os compañeiros escapados se cadaron na casa dos pais do asesinado.
Pois ese día a garda civil matou a 4 escapados dos 8 que eran no grupo. Neste lugar habia duas casas pegadas, e fixeron un tunel que comunicaba as duas casas, así cando viñan os gardas cruzaban
dunha pa outra.
Pero ese día as 8 da maña os colleron e os mataron, como os escapados se viron acorralados non saliron da casa e os gardas prenderonlle lume as casas, no obstante a garda civil xa lles collera a pista o día do Carme, pero ao ser o patrón de Fene os
deixaron pasar.
Os outros 4 compañeiros seguirón por ahí , e un destes chamado Tocho, era primo de miña abuela. Por culpa dese parentesco na casa de miña abuela vivian angustiados , porque a garda civil os
vixilaba. Tocho e os seus compañeiros viñan comer aquí e comian todo canto habia e incluso se querian quedar a dormir, e o pai de miña abuela lles dixo que no, que tiña fillos pequenos. Un deles respondeu: -Los pequeños no se van enterar, y a los mayores se les hace callar.
Pasaron os días desde o 18 de xullo, e viñeron varios días mais, e este parente petaba na porta e decia que estaba solo pero era mentira.
Pero o 31 de agosto do ano 50, estes catro estaban no Puntal, nun tellado tomando o sol. A garda civil xa os tiña vixilados e as 12 da maña os abatiron no tellado.
Para a familia de miña abuela foi un gran alivio esta morte.

-Un tal Segundo Vilaboy, que se escapou por ser afiliado dun partido, no mes de maio o pasearon polos camiños de Sillobre coa cara toda vendada para que delatase nas casas donde o axudarón, pero este foi legal e non sinalou a nadie, polo que foi pasado polo garrote vil en Ferrol. A este home o axudaba unha señora e mais o seu marido, o que tamen mataron antes que el por colaborar con eles. A muller deste, Aurorita, lle preguntaron porque non poñia luto polo home e ela respondeu: -Por mi marido ya hay bastante gente de luto.

En resume,a xente quedou moi tranquila cando os mataron a todos, polo medo que supoñian. Así que no ano 1950 se pode dar por finalizada a historia dos escapados es Sillobre.
Apelidos comúns de escapados eran: Eibe , Carbon, Vilar, e case todos da zona de Reguela.