domingo, 15 de mayo de 2016

Esta é a miña última entrada e para despedirme de todos vos, quero que quede constancia dun dos mellores pobos da comarca de Ferrolterra, Sillobre.
Sillobre é un lugar maxico, cheo de rincons maravillosos e quero amorsabos unha parte de el.

  • The moi hardest bancos in the world (os bancos máis duros do mundo)

En Marraxón cuna da lenda celta, no monte maís alto de Fene, un inspirado veciño, colocou catro asentos de pedra no Coto do Rei, onde se pode apreciar unha estupenda panorámica da zona.





  • Fervenza de Sillobre.





Buyo.





¿Atreveste a descubrilo?


martes, 10 de mayo de 2016

Galicia para min

Galicia para min e principalmente o lugar onde nacin, onde vivo, onde quero vivir e onde quero morrer.
                                            
Galicia e un sitio entrañable cheo de encanto por todos os seus lados, as suas xentes, os seus aires, os seus paisaxes, a sua enxebranza, a usa gastronomia, ... Galicia e un sitio unico e entrañable.

Unha persoa que non seña galega non sabe nin sente o que e ser de Galicia, porque ese e un sentimento que se leva por dentro.

Galicia e o unico sitio do mundo onde te podes perder e estar en paz contigo mismo, a xente galega somos xente despreocupada , sin agobios nin presas, somos autentica pura raza galega.
Somos os galegos os precursores da unica palabra do mundo que non ten traducion a outros idiomas, e que ata en ingles dise asi, morriña, si, morriña.

Galicia para min e un sentimento, e unha forma de vida.
O quen non acabo de entender de moitos galegos e que soamente se sinten galegos o dia das Letras Galegas cando se canta o Himno de Galicia, ou cando se canta a rianxeira, iso non o entendo. Un galego o e todolos dias do ano, non en ocasions.

Gustariame que Galicia fose unha nazon mais grande e con mais forza, poruqe  eu penso que Galicia ten dereito a ser recoñecida polo que e.

Galicia e os galegos estamos cheos de prexuizos e topicazos de que si somos algo lelos, que si temos un acento raro, que si somos graciosos, que si non sabemos o que dicimos,... pero todo iso e propio de ser galego e e como unga carcteristica nosa.
Por eso que para min Galicia e unha parte de min, unha forma e o sitio idonico para vivir.
Gustariame e intentaria vivir todad a vida aqui, pero non vivir nun piso, porque a vida en Galicia se disfruta nunha casiña cunha horta e con verdes campos ao lado.

Galicia foi, e , e sera sempre un lugar entrañable, unico e maxico.

domingo, 17 de abril de 2016

Os ultimos cristians

Pois si, finalmente o cristianismo esta practicamente extinguido.
As iglesias agora estan pechadas, derruidas ou convertidas en auditorios ou bibliotecas.
Era algo que se via vir, a igrexa non soubo adaptarse os novo tempos e atraer a xente e provocou que so os vellos fosen a eelas, ao morreren os vellos acabouse todo. A falta de curas era imporatatnte.
A todo isto o que mais axudou foi a separacion Igrexa- Estado por parte do desastroso goberno podemita do señor Iglesias no ano 2021.
Asi pois se os cristians eran perseguidos no ano 64 d,C, , agora son reclutados para que non se perda a relixion, que xa non e tal, sinon unha serie de documentos e cultura.
Agora a xente xa non  cree en nada, so creen na ciencia e nada mais.
Xa non  hai enterros tampouco, porque eso era un rito cristian que se perdou e cambiou pola incineracion.
Eu me acordo cando de pequeno iba a misa con miña abuela e todas as señoras rezaban e crian, agora xa non hai ese tipo de abuelas, ahora as abuelas xa non se xuntan para ir a misa, falan polo grupo de whatsapp sobre os cotilleos e esas cousas e punto.
A cidade do Vaticano xa non ten ningunha funcion adiministrativa relixiosa, e un mero lugar de viaxe e de visitas. Igual que a catedral de Santiago, na que no seu interior se atopa agora un gran auditorio, o maior a nivel estatal.
E todos os monumentos cristians que hai por Galicia, alguns foron salvados e son puntos turisticos, e outros foron derribados polo goberno.
Todo isto e normal, as relixions todas da historia estan destinadas a morrer, e estan destinadas a aparecer outras. Grandes exemplos os mayas e os aztecas.
Esperemps que o Señor noso Deus nos perdoe esta herexia.

A selva galega

Pois nos atopamos na Galicia do ano 2046, intentado buscar un deses animais tan pouco comuns chamados "vacas". A desaparicion e case extincion das vacas fixo que sexa moi dificil atopar estes animais.
Este problema se remonta a decada dos 20, cando os problemas coa cuota lactea e os problemas de subencions das granxas fixeron que os gandeiros sacrificasen os seus animais. Debido a isto Galicia tampouco ten campos xa, ahora e unha selva similar as tropicais pero chea de eucaliptos.
A pouca xente que vive xa en Galicia, debido a que non naceron nenos e os vellos morreron, e como as tribus que viamos no 2000 nas selvas ou en Africa, xa que falan unha lingua xa morta e extinguida.
Vacas non se atopan, pero koalas hainos a milleiros. Asi os animais autctonos foron desaparecendo e incorporandose outros.
Galicia e ahora unha selva, na que hai fafaris e visitas para ver os monumentos galegos entre eucaliptos e hedras.
A III Guerra Mundial  axudou moito a que Galicia morrese, xa que a xente viuse obrigada a fuxir cara paises mas adiantados. Foi ahi cando a ditadura podemita que sufre o pais, quitou unha ley na que obrigaba a plantar as antigas extensions agrigolas de Galicia para asi quitar beneficio economico para a subsistencia do estado e a colaboracion para a guerra mundial.
Os galegos que deciron quedarse viven da sua plantacion de subsistencia,  agrupados en aldeas perdidas nos montes, intentan con esperanza que non se perda a usa lingua e que algun dia Galicia volva ser o que foi.
Pero nada disto ten traza de cambiar, a pouca xente que queda en Galicia foxe por causas laborais e polo atarso que sufre a nazon, asi aquela estrofo do himno de Galicia escrito por Pondal vese cumprida, " os tempos son chegados dos bardos das edades, que as vosas vaguedades cumprido fin teran", e asi e, polo esquinazo que se nos deu agora estamos asi, pero cabe preguntarse si no 2046 Galicia esta asi, como estara noutros 30 anos??.
Ben sinxelo, non quedara absolutamente ninguen, e Galicia sera unicamente un terreo productivo de madeira para o enriquecemento do estado.
Unicamente nos queda berrar con flogos outra estrofa do homno e que asi Galicia nos escoite, pero que nos escoite xa no 2016, " DESPERTA DO TEU SONO, FOGAR DE BREOGAN".

domingo, 3 de abril de 2016

As lavandeiras de Sillobre.

Dentro da cultura galega un gran oficio hoxe desaparecido era o das lavandeiras, que foi moi importante para a cultura porque esas mulleres quitaron adiante moitas familias e nas sus xuntanzas nos ríos crearon moitas pezas musicais e contos propios da nosa terra.

O meu interes polas lavandeiras desperta no ano 2014 cando en Sillobre se decide facer unha recreación do oficio das lavandeiras, xa que en Sillobre case todas as mulleres eran lavandeiras que lavaban para Pontedeume pero sobre todo para os señores e a marina de Ferrol.
Por exemplo, a miña tatarabuela lavaba para Pontedeume e iba os luns levar a roupa limpa e recoller a roupa sucia.
Transportaba a roupa nun carro de vaca sola.

En Sillobre dende o 2014, como dixen antes, vense facendo a recreación de ese oficio con todos os seus pasos e procesos.

Nun primeiro momento as mulleres ian coa roupa un carro tirado por vacas a Ares e Mugardos e antes de haber peirao en Perlío iase o Puntal para coller a lancha para ir a cidade.
Mais tarde comezariase a ir a Ferrol en lancha dende Perlío.
As lavandeiras facían as viaxes a Ferrol o Domingo, levando un cesto de roupa e percorrían as casas para as que lavaban, recollendo no cesto a roupa lixada e logo regrasaban co cesto na cabeza para a casa.
O día de lavar a roupa era o luns. A unha ou duas da maña as mulleres erguianse para lavar as pezas, axudadas cun candil alumaban o lavadoiro e lavaban a roupa con xabón, freganaba, batianan, torcianan e dabanlle contra as laxes. Despois poñíana a clareo tendendoa a sol nun campo e regandoa con auga durante ese día. A roupa pasaba alí a noite e un martes recollianse as pezas para facer a bogada que consistia en meter a roupa nunha tina de zinc poñendolle por riba unha sabana vella. Nun pote piñian a ferver agua con cinza e xabón e cando fervia un pouco se le botaba por riba.
Feito isto a roupa pasaba de novo por auga limpa e xabón e por un novo clareo. Mais tarde tendíana para secala no enxugadoiro que estaba formado por un conxunto de toxos que despois de cortados ían crecendo de forma que constituian unha especie de esfera sobre a que se tendían as pezas. Seco todo o tendal a lavandeira ia recollendo e doblando a roupa que posta no cesto no que a trouxera voltaba para a cidade.
Nun principio as viaxes eran os mercores pero se a roupa non estaba seca ían o domingo.
E curioso que os veciños de Sillobre, de Fene, Perlío e incluso Ferrol que recordan as lavandeiras se lembran de ver Sillobre branco nos campeiros polas roupas de este cor que estaban a secar e se vian dende lonxe.
As mulleres cobraban o seu traballo por cestos ou segundo o tamaño das pezas de roupa, pero era corrente que serviran durante moito tempo a mesma casa e enton sempre tiñan alguna retribucion a parte, ben en cartos ou en especies.
A tradición oral o redor do traballo das lavandeiras era enorme e aquí nos quedaron algunas pezas fermosas como esta que cantaban os mozos cando ian pola festa de San Miguel a Betanzos:

“Quedate con Dios Betanzos                                      “Lavandeira de Sillobre,
cas tuas Betanceiras,                                                     ai,garrida Lavandeira;
eu voume para Sillobre,                                               teño de ir a San Ramón,
xunto as miñas Lavandeiras”                                       lavaim-â miña monteira”


Na recreación faise todo este proceso salvo algunhas pequeñas diferenzas, a mulleres veñen en lancha dende Ferrol ata Perlío e a roupa a suben a Sillobre uns carros de cabalos xa que non hai vacas.

Asi que se chega a Sillobre, comezan a lavar toda a tarde cos distintos procesos e tenden a roupa a secar.
Vos deixo unhas fotos e uns videos.
Cartel das Lavandeiras 2015














O tañido das campás

Sin ocurrirseme nada  de que facer outra entrada quixen facer algo relacionado coa semana santa pero tampouco o atopei , e o venres santo ao non poder tocar as campás ocurrirseme facerlle un tributo a eses grandes instrumentos que sin falar, din moito cos seus diferentes toques.
Desde fai 4 anos eu son monaguillo en Sillobre, entre as miñas obrigas esta a de tocar as campas cos seus distintos toques cando sexa oportuno. Na miña familia case todos foron monaguillos, coñecidos como " Os de Remedios" esta meu tio Juan, que e o que mellor repicaba as campas sendo capaz de imitar "A Raspita" cas campas, miña abuela Pepucha que era a que facia a sinal dos mortos ata que entrei eu e o deixou por idade, meu tio Julio, meu pai, meu abuelo Luco. Son mos famosos aqui en Sillobre Os de Remedios  porque tocaban e tocan moi ben as campas.
Pero as campas non son un xoguete, cumpren unha obriga moi importante.
Actualmente se perderon moitos toques que na antiguedade servian para diversas labores e agora se toca so pa misa, pos enterros pas sinais dos mortos, para as visperas da festa, os repiques de procesions, ..


Cada toque e distinto e ten o seu significado:

-O repique de vispeas: Este toque faise as 12 do mediodia e as 9 da noite o vispera da festa do patron para anunciar as festas. Consiste en dar 10 toques ca campa grande e outros 10 ca campa pequena e logo empezas a tocar  as duas a vez repicando e subindo a intensidade e baixandoaa. Este toque e valido para os repiques das procesions

-O toque a "rebato": E un toque que na actualidade xa non se usa, a sua funcion era a de avisar os veciños para ir apagar o lume, cousa que era moi comun antes. Consiste en tocar as duas campas intensamente e alarmando.

-Toque para a misa do domingo: A sua funcion e a de avisar a xente para a misa. Antigamente constaba de dous toque, un as 12 en punto e outro as 12.15, na actualidade faise o das 12.15.
Consiste en tocar con toques seguidos a campa grande unhas 60 veces e o momento facer o mesmo coa pequena. Logo das un toque coas duas xuntas e repicas outras 60 veces. Repites o proceso sen repicar e das un toque coasduas as 12, de primeiro aviso, e dous toques se son as 12,15 de segundo aviso.

-Señal por un home defunto: Se cadra o toque mais imporatante na actualidade.Consiste en dar tres toques cas duas campas a vez (tam tam tam) cun espazo duns tres segundos. A continuacion se toca un toque ca campa grande e outro ca pequena sucesivamente  cando se vai o sonido, isto faise unhas 10 ou 15 veces, logo dobras, e dicir, sucedes rapidamente as duas campas, pequena grande pequena grande pequena. Ao rematar de dobrar das os tres toques cas duas que indican que e un home. Por un home se dobran tres veces e se dan 4 veces os tres toques que indican que e un home. unha vez que dobras a primeira vez o proceso e igual ata o final.

-Señal por unha muller defunta: E moi similar a do home, solo que para indicar que e muller hai que dar soamente dous 2  toques coas duas campas en vez de tres como para o home e dobrar soamente duas veces. Outra diferencia e que asi que das os dous primeiros toques iniciais tes que continuar coa campa pequena pero coas mesmas referencias.

-Toque para enterro: E un toque todavia vixente, que e o mesmo que para un cabodano e para o dia de defuntos. O dia de defuntos antigamente a campa tocaaba desde as 7 da maña ata o acto de animas, hoxe en dia soamente toca a tarde de defuntos. Este toque consiste en dar toques alternativos coas campas cando se difumina o sonido. Se e un home comezas coa graande e se e muller coa pequena.
Asi que desde o campanario ves pasar o enterro para o cemiterio paras de tocar e finalizas dobrando.
Se e un cabodano dobras 15 minutos antes de comenzar o funeral.

Toque por un neno ou nena defunta: E un toque perdido hoxe en dia xa que non morren nenos pero moi comun antigamente.
Tamen lle chaman o toque de anxeliño e consistia en indicar se era neno ou nena como unha señal normal dous ou tres toques dependendo, e logo repicar e finalizar indicando que era.

-Toque de dar as doce: Conta o meu tio Julio que gracias a el se libraba das tarefas do campo e de estar na escola, xa que tiña que ir tocar.
Na parroquia case ninguen tiña reloxo e a campa indicaba que habia uqe deixar os traballos de labranza para facer o xantar. O monaguillo informabase da hora mirando dende o campanario hacia a punta do Martelo no Arsenal Militar de Ferrol donde disparaban o "cañonazo" as 12.00. Se estaba o vento nordes o son do cañonazo chegaba ao campanario un minuto e medio despois do disparp, pero o fume indicaba as 12 en punto.
E un toque que se perdeu loxicamente.

-Toque de rosario: Servia para chamar a xente a rezar o rosario e consistia en tocar unha campa soa.

Estes son alguns dos toques que habia dos que xa poucos se conserban.

Pero o interesante mundo das campas non remata aqui, compre saber que por exemplo o dia de venres santo e sabado santo as campas non poder tocar nasa abosolutamente, xa que estan de loito pola morte do señor. Nese tempo se toca a carraca, un instrumento de madeira que fai un ruido. O sabado santo no momento en que se canta o gloria ou se reza, as campas comezan a repicar ata finalizar o gloria, indicando a ressurecion.

Por outro lado as campas gardan na sua fundicion historia, estas concretamente comeezan a sua historia  o 2 de febreiro de 1877, que e o dia que se funde a campa grande en Mondoñedo, esta campa mide 81cms de exterior e 65cms de interior e pesa unhas 700 toneladas. A campa ten gravada o ano de 1877 e a sua chegada a Sillobre foi curiosa, o cura don Arturo Montes firma co campanero maior de Mondoñedo, Antonio Blanco Palacios a fundicion da campa e a usa posta na ponte de Xuvia, asi que a campa veu en barco ata Xubia e chega a Sillobre en carro tirado por vacas.
Asi pois a campa pequena se funde en 1886, e ten tamen a inscripcion e  se firma o mesmo acordo.

O 12 de setembro de 2015, por desexo de meu tio Julio, a Sociedade Agarimo en colaboracion coa igrexa celebra un curso de campas, no que eu e mais meu tio Julio enseñamos aos rapaces e os maiores eses toques perdidos . Nesta actividade todo o mundo fixo a sua practica e todo o mundo disfrutou.

Foi un dia moi falado e moi comentado na prensa e na comarca tendo repercusions en Mondoñedo, onde o amigo Valentin Insua Palacios, que o ultimo campanero de Galicia e o Campanero Maypr da Catedral de Mondoñedo, nos pediu a nosa colaboracion para facer ese curso na catedral de Mondoñedo este veran.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/fene/2015/09/12/sillobre-rescata-olvido-toques-campana-tiempo/00031442060352951485381.htm

Valentin ten o privilexio de tocar a "Paula" unha campa de 2500kg  que estubo presente na morte do mariscal Pardp de Cela. A funcion de Valentin e distinta a miña, el non pode sair da catedral, xa que ten mais de 30 campas ao seu cargo,e cada unha toca o seu toque e a usa hora. Pola cal e un traballo escravo e que compre de moitos conocimentos.

En resumo, tocas as campas e un arte, moitos non as entenden nin saber diferenciar os toques, pero cando realmente sabes o que toca a campa e como se te estivera falando, por iso e unha pena que se perdan os toques e que as campas non toquen, porque onde non tocan as campas parece que non hai vida.      
                                              

miércoles, 23 de marzo de 2016

Rapa das bestas: O Forgoselo.

Os cabalos que campan as suas anchas polos nosos montes son protagonistas dunha das tradicións mais arraigadas na cultura galega: os curros e rapas das bestas. A maioria destas festas son hoxe un espectáculo que se xustifica por sí mesmo. Atrás queda xa a súa esencia de tarea gandeira, perdida da rentabilidade económica das crines.
Ante un publico que crece ano tras ano, o home continua demostrando a súa forza e o seu dominio sobre o animal o igual que o facía en siglos pasados.





Os veciños non se atreven a aventurar a fecha dende que as suas bestas pastan os seus montes, pero un parroquia de A Capela que leva o nome de Santa María de Cabalar e, por lo menos dende o siglo XI, o vecino monasteiro de Caaveiro criaba gando equino.












O lugar de Miguelares primero e o Pico das Troitas despois recibia ano tras ano a centenares de visitantes e mais de douscentos cabalos o segundo domingo de xulio.
Durante o día anterior, menbros da Asociación de Veciños Monte Forgoselo peinan os camiños para reunir as recuas e conducilas hasta un cercado no Pico das Troitas. Chegado o mediodía, os bestilleiros, entre diversos gritos como “!arre faco!”, fan circular os animais hasta o curro.






Aproximadamente cen cabalos apelotonanse en torno o castaño que se situa no centro do recinto rodeador por gradas xa ocupadas dende primeiras horas por centos de visitantes. Os bestilleiros lanzan en primeiro lugar polos potros, en apenas dez minutos apartan a uns quince potros a un recinto anexo o curro para que non sexan aplastados polas bestas.
Os potros que xa superan o ano deben recibir tamen a marca do seu propietario.
Pendientes de plastico e marcas a fuego identifican a alguns dos animais, mentras outros se distinguen mediante cortes de diversas formas nas orellas.
Pouco antes das duas da tarde, os animais son devoltos o cercado, onde os potros se reunen coas suas nais antes de regresar pola tarde os prados do Monte do Forgoselo.
Pola tarde a festa continua entre carreiras de cabalos, demostración, sorteos...
Os equinos son a excusa para que os veciños de A Capela e resto de munucipios do Eume poidan disfrutar dun domingo en medio do enterno privilexiado da Serra do Forgoselo.





Uns dos recordos da miña infancia é este,ir a rapa das bestas do Forgoselo. O segundo domingo de xulio era un día moi axetreado, xuntabamonos moitos cabaleiros para ir a rapa, tanto montados a cabalo ou en carro,as oito da mañá xunto co meu abuelo empezabamos a aparellar os cabalos, meu abuelo iba nun carro de cabalo e eu en silla.
A eso das nove da maña iban chegando os demais cabaleiros, xa que o punto de salida sempre era a casa de me abuelo. Cando xa estabamos todos, que mais ou menos seriamos 20 persoas, saíamos en dirección Forgoselo. Dende Sillobre aproximadamente nos levaba 2 e algo, horas facendo algunha paradiña.
Cando chegamos o Forgoselo amarrabamos os cabalos e comezabamos a disfrutar do día.
Pola maña presenciabamos a rapa das bestas e pola tarde disfrutábamos do resto das actividades
Despois de pasar todo o día alí a media tarde emprendiamos o camiño de volta a casa.
É unha pena que esta tradicion perderase no concello de A Capela, pero para compensar a asociación organiza unha xuntanza cabalar a que meu abuelo e eu seguimos indo.

Me abuelo preparado para salir a ruta.

domingo, 6 de marzo de 2016

Os indianos

En Galicia e moi comun oir falar dos indianos e das suas grandes obras e axudas a xente.
Un indiano era aquela persona que por necesidade e pobreza no seu pais, emigraba cara os paises da America Latina chamados por familiares ou por postos de traballo.
Estes homes, logo de traballaren ali ou formar novas empresas , amasaban unha grandiosa fortuna, o que facia que xa ricos voltasen ao seu lugar de orixe. Ao ver as necesidades e o atraso que sufrian os seus familiares, amigos e veciños, os indianos invertian a sua fortuna en financiar escolas, construir centros,... asi os indianos supuxeron unha gran axuda a xente galega, pero tamen foron transmisores da cultura, xa que crearon arquitecturas con rasgos americanos en Galicia e tamen levaron a nosa cultura a America. Pero tamen houbo indianos malos, que voltaron cara aqui e fixeronse donos de grandes extensions e adquiriron titulos nobiliarios. Asi, foron señores de terras que explotaron os campesiños.
Os indianos solian vestir de branco, un traxe con chaqueta e camisa branca, gorro branco ou de palla cunha cinta negra, pantalons grises, brancos ou a raias e uns zapatos coa parte de arriba, a lengueta branca, e o resto negro e sempre acompañados de baston.


Esta xente solia comprar vellos caserios ou palacios e os resturaba dandolle un novo estilo onde creaban a sua vivenda con toda clase de luxos.
Os indianos trouxeron traballo, xa que fixeron as suas industrias aqui e crearon postos de traballo e axudaron ao desenvolvemento do pais.
Ahora vamos ver o papel dos indianos na cultura galega, destacando arquitecturas e obras.










lunes, 22 de febrero de 2016

A verdadeira   historia sobre Pardo de Cela
Todos sabemos verdadeiramente a historia do mariscal Pardo de Cela e a sua morte na plaza maior de Modoñedo, pero... e realmente verdad esa historia??
A aparición do seu testamento da a coñecer datos que non se sabían e a sua  presunta morte no mes de outubro.



O descubrimento do testamento do Mariscal modifica a data da súa morte e revela segredos ocultos da lenda. Ademais das súas dúas fillas, tivo un varón non recoñecido
A lenda do Mariscal Pedro Pardo de Cela non é a que se coñecía ata o momento. O achado do seu testamento,  tira por terra o mito que se creou sobre a súa figura. Coñecíase del que foi un nobre do século XV que, apoiado pola violencia, ascendeu a un ritmo veloz na escala social. Isto supúxolle enemistarse coas clases populares, coa igrexa e cunha parte importante da nobreza, estamento ao que pertencía.

Tralo descubrimento  do seu testamento, realizado por Eduardo Pardo de Guevara, investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), coñécense máis datos sobre a súa vida que cambian por completo a visión deste personaxe pertencente á historia de Galicia.

No Medievo empezaron a circular os primeiros poemas sobre Pedro Pardo de Cela, e con eles, afianzabase o mito en torno á súa figura. Mito que pouco ten que ver coa realidade dun nobre medieval que velaba máis polos seus propios intereses que polos de Galicia, cos que se gañou a tradición que se lle atribuía.

Sábese que o Mariscal non foi executado o 17 de decembro de 1483, tras uns rápidos acontecementos na vila, senón que morreu meses antes, o 3 de outubro, tras ser sometido a un proceso xudicial. Ademais, estes documentos sinalan que Pardo de Cela non era partidario de Juana a Beltraneja, senón de Isabel a Católica, malia ser quen ordenou a súa ejecución.

Forma tamén parte da lenda, que este nobre galego era pai de dúas nenas, e descoñecíase a existencia dun terceiro fillo, de pouca idade. Sábese do bastardo que non chegou a idade adulta, posto que non se ten ningunha pegada documental del.

Non era certo que tivese mala relación co clero, a relación do mariscal Pardo de Cela coa Igrexa de Mondoñedo non era difícil, só con algúns clérigos, a maior parte do testamento recolle desembargos da igrexa. De feito, a documentación atopada corresponde a dúas versións do testamento con lixeiras variacións, posto que o proceso xudicial tomou como válida e a que  se considera alterada, inclúe unha mención expresa ao desembargo de bens en favor do Bispo de Mondoñedo.

lunes, 8 de febrero de 2016

A guerra de Cuba 1898: Xose Alvariño Gabeiras.

O 29 de decembro de 1874 restaurouse a monarquia en España, despois da Republica de 1873, na persoa de Alfonso XII, fillo de Isabel II.
En 1885 morre Alfonso e queda como raiña rexente a sua muller, dona Maria Cristina de Habsburgo-Lorena, que deu a luz a Alfonso XIII.
No ano 1894 Cuba fixo un intento de querer separarse de España e seguiulle Filipinas en 1896. Como as relacions con Estado Unidos estaban mal tamen nese intre, ao se xuntaren estas tres situacions, estalou a guerra en xullo de 1898; nesta guerra a mariña estadounidense destruiu duas flotas españolas, unha en Cavite e outra en Santiago de Cuba.
O 10 de decembro de 1898 asinouse o "Tratado de Paris" en virtude da cal España perdeu Cuba, Filipinas e Puerto Rico.
Xose Alvariño Gabeiras, natural de Sillobre, era un mariñeiro de primeira dun dos barcos pertencentes a frota asentada en Santiago de Cuba, o "Pluton".
O 3 de xullo de 1898 houbo un combate naval coa frota norteamericana e suspostamente, segundo contaron Nicolas Garcia Barcia (tamen de Sillobre) e Cayetano Aneiros Cabanas (natural de Fene), que eran compañeiros del no buque, Xose caera morto por mor dunha das granadas que os americanos lanzaran.Pero non fora asi, Xose tivo forzas para pedir auxilio.
Carlos Boado, un alferez de navio ferrolan que conseguira chegar a costa nadando, albiscou a Xose e voltou a auga para rescatalo. Xose estaba malferido e Carlos meteuno nunha cova que habia na praia e segun contaba Boado, Xose dicia:"Ai don Carlos, de hoxe non paso. Eu morro" e tamen dicia que a auga lle facia moito ben nas feridas.
O bo alferez non dudou en poñerlle o seu uniforme de oficial e logo ir por auga para curalo. A fatalidade quixo que ao ir pola auga, os norteamericanos prenderan o alferez, e este o unico que pediu foi que fosen a rescatar o home ferido, pero eles o que fixeron foi atar a Xose Alvariño , en contra da sua vontade, e deixalo morrer ali.
Pouco tempo despois en Cuba estendeuse o rumor de que aqueles restos humanos atopados nunha cova da praia eran dun importante capitan de navio , Fernando Vilamil y Fernandez Cueto (ferrolan).
O xeneral norteamericano Leonard Wood foi ao lugar e comprobou que habia un craneo e osos dun home, atado con cordas a un sillon e cun uniforme de capitan da Armada Española ( o que Carlos Boado lle puxera a Xose Alvariño).
Boado, que ainda seguia vivo, aclararia a confusion algun tempo mais tarde, pero a pesar de todo o 7 de agosto de 1901 a raiña rexente, Dona Maria Cristina de Habsburgo-Lorena, dictou unha Real Orde por medio da cal: “Tributar el debido homenaje a los restos de aquel modesto servidor de la Patria”.

Dende aquel intre , Xose Alvariño Gabeiras, xace no Panteon de Marinos Ilustres de Cadiz, por Real Orde.

O poder dos Andrade no seculo XVIII.


Pouco tempo despois da unidade española feita polos Reis Catolicos , o Reino de Galicia dividese en 7 provincias: Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui.
Pontedeume e outras terras que forman o seu partido xudicial, entre elas Sillobre, pertenceran a provincia de Betanzos ( a vila e xurisdicion de Pontedeume nos ultimos tempos dos señorios atopabase dividida en 2 alcaldias, unha maior e outra ordinaria. A alcaldia ordinaria constaba de distintas freguesias, entre elas a de Santa Mariña de Sillobre, agas o seu Coto de Belelle que pertencia a xurisdiccion de Caaveiro.
Durante o primeiro cuarto do seculo (1725-30) , ao fusionarse as familias dos Andrade  e os Lemos, a unidade existente antes comezara a estremar ata o punto de dexenerar no mais absurdo centralismo.
Os nobre foxen dos seus estados e buscan na Corte do Rei algunha proteccion. As terras que rodean o rio Eume viviran dende agora, desatendidas por parte dos seus novos donos.
Que dereitos en concepto de señorio da vila e xurisdicion de Pontedeume percibia a casa de Lemos? Canto cobraba a Condesa a titulo de herdeira e sucesora da casa de Andrade?
Pois ben, cobraba por "razon de vasalaxe e talla", "penas de camara", "dereitos de mostrencos por mar e terra", "dereitos de luctosa" ( e dicir, escoller unha peza ou trasto de cada cabeza de familia que morria) "dezmos da vila, xurisdiccion e estados do trigo e cebada, centeo, maiz, millo miudo, liño, viño, castaña e outros productos",...
Dona Tereixa de Andrade foi o derradeiro personaxe con quen a familia de Andrade deixa de existir automaticamente. Era a filla de don Fernando De Andrade e Perez das Mariñas e ao se xuntar en matrimonio con don Fernando Ruiz de Castro Osorio, Conde de Lemos ,  nome dos Andrade comeza a ser absorvido polo da familia dos Castro, a quen pasa o Señorio De Pontedeume.

Repercusión en Sillobre.

A mediados do seculo XVIII os veciños de cada parroquia foron sometidos a un interrogatorio, que constaba de 40 preguntas as cales deberian de respostar. Este e chamado " Catastro do Marques da Ensenada" e data do 1752.
Dito catastro da boa conta de todo co que nese intre se contaba en cada parroquia. Analizando o interrogatorio, os veciños din que a parroquia de Sillobre lle pertence " A freguesia de Santa Mariña de Sillobre era de señorio ( estaba rexida por un señor que levaba parte do que cultivaban os veciños) e pertencia, o estar dentro da xurisdiccion de Pontedeume, a Excelentisima Señora Condesa de Lemos"
En total habia "...91 vezinos..." aproximadamente, o que quere dicir que arredor de 445 persoas, entre as que se di no Catastro "... habia un pobre de solemnidad que vivia de limosna...". Tamen hai referencia  ao numero de casas que habia, que eran "83 habitables y 8 arruinadas".
Os cultivos que naquela epoca se sementaban eran o millo, trigo, centeo, cebada,... sementandose tamen distintas arbores e a vide ; existia unha gran parte de monte inutil e outra que estaba dedicada a coller leña.
Nese momento habia na parroquia:
-10 muiños fariñeiros de agua ( en Marraxon, O Cobelo, Arriba, Rol Vilanova, San Paio, Pegariña, Rio de Saa,...)
-156 colmeas, das que se obtiñan beneficios por cera, mel e enxame
-2 ferreiros, 2 carpinteiros, 1 zapateiro, 2 xastres, 1 taberna
-moitos animais, poldros, poldras, vacas, ovellas, caneiros, cabras, bois, terneiros, porcos,...
As terras pertencian a Igrexia e esta alugaba a particulares, pero faise referencia a "El Rey" dese momento Fernando VI, pois a Ulfe e a Calzada eran lugares de "plantio real", e dicir, os beneficios que xeraban esas terrar eran integros para o monarca.
Segudo o "Catastro do Marques da Ensenada" atopado en Santa Maria de Neda, "... eran del Rey una dehesa( conxunto de terras pechadas con valados arredor e destinadas a pastos ou cultivos) hacia Santa Marina de Sillobre, de 48 ferrados , un vivero plantado de robles nuevos y otros 8 ferrados de vivero de tercera calidad".
Esta e a resposta dada o capitulo 40 do Catastro polos vecinos nedeses.
O rueiro que ia dende Neda a devesa da Sua Maxestade era coñecido como "O Camiño Real" entre os veciños ( pode ser porque pasaba por por posesions do rei, ainda que outros camillos da parroquia tamen se lles chama dese xeito). Este camiño pasaba polo lugar chamado Pallota e chegaba ata outro chamado San Marcos.
Este foi un dos mais importantes eixos de comunicacion entre as xentes de Sillobre e Neda.
A Coroa estaba pasando por unha crise economica. A solocion que o Rei Fernando VI veu mais viable para salvar a situacion  foi a e impor un imposto sobre o tabaco, pois as rendas que esta xeraba eran das mais valiosas. O documento levara o nome de "Manuscrito da Renda do Tabaco". Nel especificase que dentro da provincia de Betanzos, haberia tres partidos: Betanzos, O Condado de Vilalba e Sobrado.
Sillobre pertencia ao de Betanzos, que dentro desde partido era propiedad do señorio laico, e dicir, que estaba en mans dun nobre, o Conde de Lemos.

domingo, 7 de febrero de 2016

A Idade Moderna nas terras de Sillobre.


  • Seculo XV.

Despois de ver en seculos anteriores como os nobres levaban parte dos beneficios que os campesiños obtiñan co seu traballo na terra, no seculo XV, na comarca ferrolana quen tiña o dereito sobre estos dereitos era o Mosteiro de San Martiño de Xuvia, ainda que Don Diego de Andrade seria quen obtivese ese dereito para el mesmo.
Os monxes do Mosteiro de San Martiño otorgaronlle o 13 de xullo de 1472 a Don Diego de Andrade unha escritura , diante de Gonzalo Florez de Pontenova ( o escriban de Betanzos), pola cal ceden e aforan a el e a sua muller, Dona Maria de Faro das Mariñas , o señorio e dereito de recoller os beneficios de varios lugares , entre eles os de Sillobre .
Este privilexio servia tamen para todos os descendentes que herdasen a Casa de Andrade. Disto foron testemuñas Pedro de Sallobre, que era arcediano de Trasancos, Afonso Esquio, Rodrigo de Serantes e Alonso Pita, escudeiros da vila de Ferrol.


  • Seculo XVI.

Neste seculo unha nova entidade de poboacion xorde na vida da parroquia de Sillobre, era o chamado "Coto de Belelle", que foi fundado polo rico mercader Juan Diaz Piñeiro Texada . Era alcalde ordinario da vila de Neda e seria o proxenitor de don Andres Benito Piñeiro, un sillobres que chegaria a ser mariscal dos primeiros Borbóns no seculo XVIII.
Ainda hoxe existen no Coto do Belelle os restos da casa señorial dos Diaz Piñeiro , onde habia unha capela cun fermoso escudo que ainda se conserva.
O escudo consta de nove partes, data de comezos do seculo XVIII  e posue unha inscripcion:  DON ANDRES/BENITO PIÑEIRO/MARISCAL DE/CAMPOS Y TENIENTE CORONEL.
Semella que a familia dos Andrade se apoderou de diversas propiedades de Caaveiro, que entre elas estaba este coto, que foi vendido por estes Andrade (vencellados a casa de Lemos)  a un mercador veciño de Pontedeume , chamado Xoan Diaz Cabrera.
Regoela e unha parroquia que dende o Seculo XVI esta anexionada a Sillobre eclesiasticamente. O coto de Regoela pertenecia a unha orden monastica regular, que era a orde do mosteiro de San Martiño de Xuvia.
No seculo XVI Reguela foi un coto redondo , chegando a ser na primeira metade do seculo señorio de Alonso de Parga e de Leonor Freire de Andrade.
Polo casamento de Xoan Pita da Veiga con doña Violante , filla dos citados anteriores, o coto redondo de Regoela pasou a ser propiedade da famila Pita da Veiga.


  • Outros feitos historicos:

No seculo XVI Felipe II descubre o porto de Ferrol e aproveita del a sua boa situacion estratexica. Comenzando con el a etapa urbana e militar . Esta nova etapa afectara a vila de Ferrol e tamen afecta a todas as comarcas do arredor.
No ano 1528 veu unha forte ameaza de ataque as vilas mariñeiras que rodeaban Ferrol; pero sera nos anos 50 cando a guerra con Francia se encrudece, e ainda que finalmente se asina a paz, pasaronse momentos de angustia.
En 1589 movilizanse de novo as xentes galegas, e Ferrol, ao ser punto estratexico sera dende onde se organoce un exercito forte. No ano 1590 situanse nelas as armadas . E sera en 1603 canda a vila de Ferrol demande a reconstrucion causada polos desperfectos das armadas.
Para recostruir a vila ferrolá foi necesario recurrir os montes das comarcas que a rodeaban para talar as arboles e restaurar o destruido (entre eles atopabanse os montes de Sillobre)