miércoles, 23 de marzo de 2016

Rapa das bestas: O Forgoselo.

Os cabalos que campan as suas anchas polos nosos montes son protagonistas dunha das tradicións mais arraigadas na cultura galega: os curros e rapas das bestas. A maioria destas festas son hoxe un espectáculo que se xustifica por sí mesmo. Atrás queda xa a súa esencia de tarea gandeira, perdida da rentabilidade económica das crines.
Ante un publico que crece ano tras ano, o home continua demostrando a súa forza e o seu dominio sobre o animal o igual que o facía en siglos pasados.





Os veciños non se atreven a aventurar a fecha dende que as suas bestas pastan os seus montes, pero un parroquia de A Capela que leva o nome de Santa María de Cabalar e, por lo menos dende o siglo XI, o vecino monasteiro de Caaveiro criaba gando equino.












O lugar de Miguelares primero e o Pico das Troitas despois recibia ano tras ano a centenares de visitantes e mais de douscentos cabalos o segundo domingo de xulio.
Durante o día anterior, menbros da Asociación de Veciños Monte Forgoselo peinan os camiños para reunir as recuas e conducilas hasta un cercado no Pico das Troitas. Chegado o mediodía, os bestilleiros, entre diversos gritos como “!arre faco!”, fan circular os animais hasta o curro.






Aproximadamente cen cabalos apelotonanse en torno o castaño que se situa no centro do recinto rodeador por gradas xa ocupadas dende primeiras horas por centos de visitantes. Os bestilleiros lanzan en primeiro lugar polos potros, en apenas dez minutos apartan a uns quince potros a un recinto anexo o curro para que non sexan aplastados polas bestas.
Os potros que xa superan o ano deben recibir tamen a marca do seu propietario.
Pendientes de plastico e marcas a fuego identifican a alguns dos animais, mentras outros se distinguen mediante cortes de diversas formas nas orellas.
Pouco antes das duas da tarde, os animais son devoltos o cercado, onde os potros se reunen coas suas nais antes de regresar pola tarde os prados do Monte do Forgoselo.
Pola tarde a festa continua entre carreiras de cabalos, demostración, sorteos...
Os equinos son a excusa para que os veciños de A Capela e resto de munucipios do Eume poidan disfrutar dun domingo en medio do enterno privilexiado da Serra do Forgoselo.





Uns dos recordos da miña infancia é este,ir a rapa das bestas do Forgoselo. O segundo domingo de xulio era un día moi axetreado, xuntabamonos moitos cabaleiros para ir a rapa, tanto montados a cabalo ou en carro,as oito da mañá xunto co meu abuelo empezabamos a aparellar os cabalos, meu abuelo iba nun carro de cabalo e eu en silla.
A eso das nove da maña iban chegando os demais cabaleiros, xa que o punto de salida sempre era a casa de me abuelo. Cando xa estabamos todos, que mais ou menos seriamos 20 persoas, saíamos en dirección Forgoselo. Dende Sillobre aproximadamente nos levaba 2 e algo, horas facendo algunha paradiña.
Cando chegamos o Forgoselo amarrabamos os cabalos e comezabamos a disfrutar do día.
Pola maña presenciabamos a rapa das bestas e pola tarde disfrutábamos do resto das actividades
Despois de pasar todo o día alí a media tarde emprendiamos o camiño de volta a casa.
É unha pena que esta tradicion perderase no concello de A Capela, pero para compensar a asociación organiza unha xuntanza cabalar a que meu abuelo e eu seguimos indo.

Me abuelo preparado para salir a ruta.

domingo, 6 de marzo de 2016

Os indianos

En Galicia e moi comun oir falar dos indianos e das suas grandes obras e axudas a xente.
Un indiano era aquela persona que por necesidade e pobreza no seu pais, emigraba cara os paises da America Latina chamados por familiares ou por postos de traballo.
Estes homes, logo de traballaren ali ou formar novas empresas , amasaban unha grandiosa fortuna, o que facia que xa ricos voltasen ao seu lugar de orixe. Ao ver as necesidades e o atraso que sufrian os seus familiares, amigos e veciños, os indianos invertian a sua fortuna en financiar escolas, construir centros,... asi os indianos supuxeron unha gran axuda a xente galega, pero tamen foron transmisores da cultura, xa que crearon arquitecturas con rasgos americanos en Galicia e tamen levaron a nosa cultura a America. Pero tamen houbo indianos malos, que voltaron cara aqui e fixeronse donos de grandes extensions e adquiriron titulos nobiliarios. Asi, foron señores de terras que explotaron os campesiños.
Os indianos solian vestir de branco, un traxe con chaqueta e camisa branca, gorro branco ou de palla cunha cinta negra, pantalons grises, brancos ou a raias e uns zapatos coa parte de arriba, a lengueta branca, e o resto negro e sempre acompañados de baston.


Esta xente solia comprar vellos caserios ou palacios e os resturaba dandolle un novo estilo onde creaban a sua vivenda con toda clase de luxos.
Os indianos trouxeron traballo, xa que fixeron as suas industrias aqui e crearon postos de traballo e axudaron ao desenvolvemento do pais.
Ahora vamos ver o papel dos indianos na cultura galega, destacando arquitecturas e obras.