domingo, 3 de abril de 2016

As lavandeiras de Sillobre.

Dentro da cultura galega un gran oficio hoxe desaparecido era o das lavandeiras, que foi moi importante para a cultura porque esas mulleres quitaron adiante moitas familias e nas sus xuntanzas nos ríos crearon moitas pezas musicais e contos propios da nosa terra.

O meu interes polas lavandeiras desperta no ano 2014 cando en Sillobre se decide facer unha recreación do oficio das lavandeiras, xa que en Sillobre case todas as mulleres eran lavandeiras que lavaban para Pontedeume pero sobre todo para os señores e a marina de Ferrol.
Por exemplo, a miña tatarabuela lavaba para Pontedeume e iba os luns levar a roupa limpa e recoller a roupa sucia.
Transportaba a roupa nun carro de vaca sola.

En Sillobre dende o 2014, como dixen antes, vense facendo a recreación de ese oficio con todos os seus pasos e procesos.

Nun primeiro momento as mulleres ian coa roupa un carro tirado por vacas a Ares e Mugardos e antes de haber peirao en Perlío iase o Puntal para coller a lancha para ir a cidade.
Mais tarde comezariase a ir a Ferrol en lancha dende Perlío.
As lavandeiras facían as viaxes a Ferrol o Domingo, levando un cesto de roupa e percorrían as casas para as que lavaban, recollendo no cesto a roupa lixada e logo regrasaban co cesto na cabeza para a casa.
O día de lavar a roupa era o luns. A unha ou duas da maña as mulleres erguianse para lavar as pezas, axudadas cun candil alumaban o lavadoiro e lavaban a roupa con xabón, freganaba, batianan, torcianan e dabanlle contra as laxes. Despois poñíana a clareo tendendoa a sol nun campo e regandoa con auga durante ese día. A roupa pasaba alí a noite e un martes recollianse as pezas para facer a bogada que consistia en meter a roupa nunha tina de zinc poñendolle por riba unha sabana vella. Nun pote piñian a ferver agua con cinza e xabón e cando fervia un pouco se le botaba por riba.
Feito isto a roupa pasaba de novo por auga limpa e xabón e por un novo clareo. Mais tarde tendíana para secala no enxugadoiro que estaba formado por un conxunto de toxos que despois de cortados ían crecendo de forma que constituian unha especie de esfera sobre a que se tendían as pezas. Seco todo o tendal a lavandeira ia recollendo e doblando a roupa que posta no cesto no que a trouxera voltaba para a cidade.
Nun principio as viaxes eran os mercores pero se a roupa non estaba seca ían o domingo.
E curioso que os veciños de Sillobre, de Fene, Perlío e incluso Ferrol que recordan as lavandeiras se lembran de ver Sillobre branco nos campeiros polas roupas de este cor que estaban a secar e se vian dende lonxe.
As mulleres cobraban o seu traballo por cestos ou segundo o tamaño das pezas de roupa, pero era corrente que serviran durante moito tempo a mesma casa e enton sempre tiñan alguna retribucion a parte, ben en cartos ou en especies.
A tradición oral o redor do traballo das lavandeiras era enorme e aquí nos quedaron algunas pezas fermosas como esta que cantaban os mozos cando ian pola festa de San Miguel a Betanzos:

“Quedate con Dios Betanzos                                      “Lavandeira de Sillobre,
cas tuas Betanceiras,                                                     ai,garrida Lavandeira;
eu voume para Sillobre,                                               teño de ir a San Ramón,
xunto as miñas Lavandeiras”                                       lavaim-â miña monteira”


Na recreación faise todo este proceso salvo algunhas pequeñas diferenzas, a mulleres veñen en lancha dende Ferrol ata Perlío e a roupa a suben a Sillobre uns carros de cabalos xa que non hai vacas.

Asi que se chega a Sillobre, comezan a lavar toda a tarde cos distintos procesos e tenden a roupa a secar.
Vos deixo unhas fotos e uns videos.
Cartel das Lavandeiras 2015














No hay comentarios:

Publicar un comentario