domingo, 3 de abril de 2016

O tañido das campás

Sin ocurrirseme nada  de que facer outra entrada quixen facer algo relacionado coa semana santa pero tampouco o atopei , e o venres santo ao non poder tocar as campás ocurrirseme facerlle un tributo a eses grandes instrumentos que sin falar, din moito cos seus diferentes toques.
Desde fai 4 anos eu son monaguillo en Sillobre, entre as miñas obrigas esta a de tocar as campas cos seus distintos toques cando sexa oportuno. Na miña familia case todos foron monaguillos, coñecidos como " Os de Remedios" esta meu tio Juan, que e o que mellor repicaba as campas sendo capaz de imitar "A Raspita" cas campas, miña abuela Pepucha que era a que facia a sinal dos mortos ata que entrei eu e o deixou por idade, meu tio Julio, meu pai, meu abuelo Luco. Son mos famosos aqui en Sillobre Os de Remedios  porque tocaban e tocan moi ben as campas.
Pero as campas non son un xoguete, cumpren unha obriga moi importante.
Actualmente se perderon moitos toques que na antiguedade servian para diversas labores e agora se toca so pa misa, pos enterros pas sinais dos mortos, para as visperas da festa, os repiques de procesions, ..


Cada toque e distinto e ten o seu significado:

-O repique de vispeas: Este toque faise as 12 do mediodia e as 9 da noite o vispera da festa do patron para anunciar as festas. Consiste en dar 10 toques ca campa grande e outros 10 ca campa pequena e logo empezas a tocar  as duas a vez repicando e subindo a intensidade e baixandoaa. Este toque e valido para os repiques das procesions

-O toque a "rebato": E un toque que na actualidade xa non se usa, a sua funcion era a de avisar os veciños para ir apagar o lume, cousa que era moi comun antes. Consiste en tocar as duas campas intensamente e alarmando.

-Toque para a misa do domingo: A sua funcion e a de avisar a xente para a misa. Antigamente constaba de dous toque, un as 12 en punto e outro as 12.15, na actualidade faise o das 12.15.
Consiste en tocar con toques seguidos a campa grande unhas 60 veces e o momento facer o mesmo coa pequena. Logo das un toque coas duas xuntas e repicas outras 60 veces. Repites o proceso sen repicar e das un toque coasduas as 12, de primeiro aviso, e dous toques se son as 12,15 de segundo aviso.

-Señal por un home defunto: Se cadra o toque mais imporatante na actualidade.Consiste en dar tres toques cas duas campas a vez (tam tam tam) cun espazo duns tres segundos. A continuacion se toca un toque ca campa grande e outro ca pequena sucesivamente  cando se vai o sonido, isto faise unhas 10 ou 15 veces, logo dobras, e dicir, sucedes rapidamente as duas campas, pequena grande pequena grande pequena. Ao rematar de dobrar das os tres toques cas duas que indican que e un home. Por un home se dobran tres veces e se dan 4 veces os tres toques que indican que e un home. unha vez que dobras a primeira vez o proceso e igual ata o final.

-Señal por unha muller defunta: E moi similar a do home, solo que para indicar que e muller hai que dar soamente dous 2  toques coas duas campas en vez de tres como para o home e dobrar soamente duas veces. Outra diferencia e que asi que das os dous primeiros toques iniciais tes que continuar coa campa pequena pero coas mesmas referencias.

-Toque para enterro: E un toque todavia vixente, que e o mesmo que para un cabodano e para o dia de defuntos. O dia de defuntos antigamente a campa tocaaba desde as 7 da maña ata o acto de animas, hoxe en dia soamente toca a tarde de defuntos. Este toque consiste en dar toques alternativos coas campas cando se difumina o sonido. Se e un home comezas coa graande e se e muller coa pequena.
Asi que desde o campanario ves pasar o enterro para o cemiterio paras de tocar e finalizas dobrando.
Se e un cabodano dobras 15 minutos antes de comenzar o funeral.

Toque por un neno ou nena defunta: E un toque perdido hoxe en dia xa que non morren nenos pero moi comun antigamente.
Tamen lle chaman o toque de anxeliño e consistia en indicar se era neno ou nena como unha señal normal dous ou tres toques dependendo, e logo repicar e finalizar indicando que era.

-Toque de dar as doce: Conta o meu tio Julio que gracias a el se libraba das tarefas do campo e de estar na escola, xa que tiña que ir tocar.
Na parroquia case ninguen tiña reloxo e a campa indicaba que habia uqe deixar os traballos de labranza para facer o xantar. O monaguillo informabase da hora mirando dende o campanario hacia a punta do Martelo no Arsenal Militar de Ferrol donde disparaban o "cañonazo" as 12.00. Se estaba o vento nordes o son do cañonazo chegaba ao campanario un minuto e medio despois do disparp, pero o fume indicaba as 12 en punto.
E un toque que se perdeu loxicamente.

-Toque de rosario: Servia para chamar a xente a rezar o rosario e consistia en tocar unha campa soa.

Estes son alguns dos toques que habia dos que xa poucos se conserban.

Pero o interesante mundo das campas non remata aqui, compre saber que por exemplo o dia de venres santo e sabado santo as campas non poder tocar nasa abosolutamente, xa que estan de loito pola morte do señor. Nese tempo se toca a carraca, un instrumento de madeira que fai un ruido. O sabado santo no momento en que se canta o gloria ou se reza, as campas comezan a repicar ata finalizar o gloria, indicando a ressurecion.

Por outro lado as campas gardan na sua fundicion historia, estas concretamente comeezan a sua historia  o 2 de febreiro de 1877, que e o dia que se funde a campa grande en Mondoñedo, esta campa mide 81cms de exterior e 65cms de interior e pesa unhas 700 toneladas. A campa ten gravada o ano de 1877 e a sua chegada a Sillobre foi curiosa, o cura don Arturo Montes firma co campanero maior de Mondoñedo, Antonio Blanco Palacios a fundicion da campa e a usa posta na ponte de Xuvia, asi que a campa veu en barco ata Xubia e chega a Sillobre en carro tirado por vacas.
Asi pois a campa pequena se funde en 1886, e ten tamen a inscripcion e  se firma o mesmo acordo.

O 12 de setembro de 2015, por desexo de meu tio Julio, a Sociedade Agarimo en colaboracion coa igrexa celebra un curso de campas, no que eu e mais meu tio Julio enseñamos aos rapaces e os maiores eses toques perdidos . Nesta actividade todo o mundo fixo a sua practica e todo o mundo disfrutou.

Foi un dia moi falado e moi comentado na prensa e na comarca tendo repercusions en Mondoñedo, onde o amigo Valentin Insua Palacios, que o ultimo campanero de Galicia e o Campanero Maypr da Catedral de Mondoñedo, nos pediu a nosa colaboracion para facer ese curso na catedral de Mondoñedo este veran.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/fene/2015/09/12/sillobre-rescata-olvido-toques-campana-tiempo/00031442060352951485381.htm

Valentin ten o privilexio de tocar a "Paula" unha campa de 2500kg  que estubo presente na morte do mariscal Pardp de Cela. A funcion de Valentin e distinta a miña, el non pode sair da catedral, xa que ten mais de 30 campas ao seu cargo,e cada unha toca o seu toque e a usa hora. Pola cal e un traballo escravo e que compre de moitos conocimentos.

En resumo, tocas as campas e un arte, moitos non as entenden nin saber diferenciar os toques, pero cando realmente sabes o que toca a campa e como se te estivera falando, por iso e unha pena que se perdan os toques e que as campas non toquen, porque onde non tocan as campas parece que non hai vida.      
                                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario