sábado, 7 de noviembre de 2015

A CULTURA CASTREXA NO CONCELLO DE FENE.

                         
O término Cultura Castrexa aplicóuse a un tipo de ocupación humán en poboados fortificados denominados castros, localizados nun espazo xeográfico moi concreto que se corresponde coa actual Galicia ata Navia en Asturias, e Portugal ata o Douro.
Cronoloxicamente, o inicio da cultura castrexa, podemos situalo entre o final do Bronce e o inicio da Idade do Ferro, dende o século VII a.C ata o século I d.C, momento no que se fusiona coa cultura román, perdurando polo tanto na denominada cultura galaico-román.


O HABITÁT

Os xacementos castrexos de cronoloxía máis antiga tiñan as vivendas contruídas con materiás perecederos. Será no momento de esplendor desta cultura cándo as habitacións se construirán en pedra. A forma varía, poidéndo ser circulares, elípticas ou cuadrángulares. A circular é a máis abundante, situándonos nun momento de influencia do mundo román cándo aparecen as esquiñas en ángulo.





A ECONOMÍA.

A economía dos castros do noroeste penínsular e complexa, basándose na agricultura, ganadería recolección, caza, marisqueo e minería. Ademais debemos engadir a existencia dunha artesanía relacionada coa cerámica, a cestería, o coiro, o tecido, a madeira e a pedra.
Existía mesmamente o comercio a pequeña, media e longa distancia, a través de rutas marítimas, fluviáis e terrestes.
A agricultura é fundamentalmente cerealista, xunguída á recollida de froitos silvestres.
A gandería básase primordialmente nos bovinos e ovicápridos.
A metalurxia castreza tén bastante importancia, estándo favorecía pola abundancia de estaño, ferro, ouro, chumbo e cobre. Destaca a orfebrería, sobre todo os traballos de repuxado, estampado, filigrana e granulado, nos torques, brazaletes, diademas e arracadas.


ESCULTURA.

Na escultura destacan as representacións de guerreiros, e cabezas humáns, así como verracos, serpes, e cabezas de animáis.
Son importantes os elementos decorativos que hai na arquitectura, sobre todo dintéis e xambas de vivendas, así como dos monumentos con Forno, tamé coñecidos como “Pedras Formosas".




ALFARERÍA.

É  una das manifestacións artesanáis con características máis acusadas, da cultura dos castros do noroeste. As excavacións dos xacementos amosan umha gran variedade e cantidade de anacos de cerámica.
O recoñecemento das formas, tipoloxía, feitura, cocción, decoración, axudan a coñecer dún xeito máis fiable o incio, evolución, cronoloxía, influxos, etc..desta cultura.
A cerámica máis antiga está feita a mán, o uso do torno lento indica una evolución, e o torno rápido manifesta o influxo doutras civilizacións, fundamentalmente a tomán.
As decoracións predominantes son as incisións, estampados, aplicación, motivos en S, círculos, meandros, e liñas paralelas e horizontáis.






Hai uns seis mil castros ou construcción castrexas en Galicia, en diverso estado de conversación.
No concello de Fene temos sete castros catalogados: Orra, As Pías, Cardoeiro, Pena do Castro, Prismos, As Escadas, Os Castros de Magalofes.
Ademais existen posibilades de que haxa outros castros no Campo de Marta en Maniños, no Escurial en Limodre e no Río Castro.

Mapa Concello de Fene


CASTRO DE ORRA.

Este castro foi destruído en parte, actualmente hai una casa dentro do recinto. Atópase en Orra, na parroquia de Sillobre.
O diámetro maior do castro mide 100 metros, o menor 80 metros. O segundo muro mide uns 100 metros e o muro destruido 15 metros.
A croa deste castro foi aplanada para facilitar o cultivo porque tiña un montículo no medio. Una parte do muro foi tirada para facer un camiño de entrada á casa e alí foi ondea toparon tres soleiras de muíño, e fusaiolas. A pesar de todo, a croa ten o muro case intacto.


As Pías.

Atópase no lugar nomeado As Pías, actualmente repousa baixo os estaleiros de Astano, pero sábese que podería ser un castro. Pénsase tamén que podería ser un lugar de sacrificios, onde había moitas pías de sacrificio, as cales recorda a xente.
Sería un castro de beiramar, onde apareceron recentemente, abondosos restos de vasos e ánforas de arxila.



Castro de Cardoeiro.

O Castro de Cardoeiro encontrase derribado no noventa por cen, foi derruído no ano 1970 debido a un aplanamento do terreo para zona urbana e para os estaleiros de Astano.
Está situado nun monte na parraquio de San Estevo de Perlío.
Cando foi arrasado pola pá mecánica o grupo de “operación Rescate” de Fene e algún particulares recolleron abondosos restos de cerámica muíños, cunchas, ósos, etc…


Pena do Castro.

Sitúase na Pena do Castro na parroquia de Barallobre a una altura de 132 metros.
Era un lugar onde había unha pena de sacrificios que co tempo foi utilizada para as edificacións do lugar.
Na Segunda República estiveron alí un mestre e os seus alumnos, e deixaron bastantes furados e cousas derruídas. A zona que corresponde á croa tiña unha antena de televisión nunha pena.
Onde está situado ten un bon mirador dende o que se pode contemplar toda a ría de Ferrol e o Monte de Marraxón.
O muro de Croa está feito de laxe de pizarra e terra, mentras que o segundo muto está feito de terra.


Castro de Prismos.

Este Castro esta situadonun monten na parroquia de Maniños, é un dos castros máis completos que temos, e conserva bastante ben tódolos seus elementos, un pouco ocultos pola matogueira.
Os muros son bastantes altos, sobre todo pola parte norte. Teñen pedra e terra. Pola zona Leste da croa teñen un metro e medio de ancho, e pola zona norte teñen catro metros de altura aproximadamente.


Castro das Escadas.

Tamén situado na parroquia de Maniños, nun lugar chamado A Gatita, a unha altura de 32 metros, econtrase o Castro das Escadas na beiramar, xunto a un acantilado que o defende, ademais do muro semianular.
É un castro ribeireño, a croa do castro ten forma elíptica á cal van ampatar dous muros que sobrepasan o círculo.
Este castro ten dúas entradas. Todo o casto (sin contar co muro da zona norte) ten unha lonxitude de 450 metros.


Os Castros.

A pesar de se chamar Os Castros, só se pode atopar un castro.
Situado nun monte a 300 metros na parroquia de Magalofes, este momte ten unha forte pendente, e pola parte sur presenta cinco muros concéntricos. Pola parte norte ten un terreo, a partir da coroa, que presenta laxe e pizzara solta. Este mesmo terreo, pola parte máis baixa, por onde esta cultivado, ten un pequeño regato.

É prácticamente imposible chegar á mesma croa, debido ós toxos que están moi erguidos e espesos.


Debido a pouca documentación existente no concello de Fene sobre os nosos Castros non puiden ampliar máis este tema,nin con imaxes nin con outro tipo de documentos.
Fago un chamamento o noso concello para que na nosa biblioteca poidamos atopar máis información sobre temas dos séculos pasados do noso concello.


No hay comentarios:

Publicar un comentario