Vida de Manuel Couce Piñón
Comeza esta historia o día 4 de agosto de 1920 no lugar de
Placente, no concello de Narón. Fillo de Luis Couce Yañez e Elvira Piñón
Varela, de profesión labadores.
Ten 14 irmáns, dos que tres son medios irmáns. O irmá maior
emigra para Montevideo, a onde posteriormente emigraran a maioria dos irmans.
A infancia de Manuel transcorre en Sedes onde foi a escola e
traballou no campo.
Despois cando deixa a escola aos 17 anos, foi voluntario para
Infantería de Marina no Tercio Norte, no que foi o cornetín de banda , onde
tocaba o instrumento para facer movimientos e despertar a xente.
Estuvo 7 anos, 3 de mili e 4 de reenganche.
Cando termina a mili, se casa na parroquia de Sillobre, con
María Rodriguez Vila, na data do 27 de julio de 1940.
Logo pide a escedencia e marchou da Marina e marcha para a
empresa da Marina Bazan, para obras civiles, onde estuvo dous anos.
Nesta tempo, no ano 1945, nace o unico fillo deste
matrimonio, Ángel Couce Rodriguez.
![]() |
Manuel xa en Montevideo. |
Sale de ahí e marcha cara Astano de soldador pero como non
daba suficientes cartos, reclamado polo seu irmá Jose Antonio, decide emigrar
cara Montevideo. Asi o dia 18 de agosto de 1947, deixando aquí a súa familia, sae rumbo a Vigo para embarcar
alí nun barco que o leva cara Arxentina , nunha viaxe de 18 días.
Chegado alí foi cara a casa do irmá e encontrou traballo de
soldador, nun taller de metalurxía co nome “ Castro dobarro”.
Despois de traballar tres meses alí, na parte alta do taller
fixeronlle unha vivenda, na que vivía
para vixilar e coidar de aquelo.
Os cartos que se gañaban alí daban para vivir alí,pero debido
o cambio de moneda aquí en España era un soldo moi baixo.
Como vía que rico non se ia facer , voltou cara España no ano
1958, pouco mais rico do que se foi, iso si, con percha e falando o castellano.
Posteriormente voltou onda a sua muller e o seu fillo, de
onde salira 11 anos atrás.
Volven encontrar traballo nunha empresa auxiliar de Astano,
na empresa Ribera Seco por un ano e solicita a entrada en plantilla da propia
empresa e é aceptado.
Traballou en Astano ata os 62 anos que se prexubilou.
No ano 1983 se lle descubre un tumor no pulmón, un cancro,
debido a que fumaba en gran cantidade, incluso cando se lle descubriu a
enfermidade seguiu fumando e chegando a dicir:-Prefiro durar menos que deixar o
pitillo.
Asi tras un ano de enfermidade non moi notable , morre o dia 27 de octubre de 1984, na sua
casa de Sillobre, tras unha gran agonía os ultimos 15 dias.
Os seus restos descansan en Sillobre, xunto os dos seus
familiares.
![]() |
Foto enviada desde Montevideo a súa familia. |
Este é o meu resumo da vida do meu bisabó o que por desgracia non tiven o pracer de coñecer e poder escoitar e disfrutar as súas aventuras,que so coñezo grazas o que me conta meu abuelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario