lunes, 8 de febrero de 2016

A guerra de Cuba 1898: Xose Alvariño Gabeiras.

O 29 de decembro de 1874 restaurouse a monarquia en España, despois da Republica de 1873, na persoa de Alfonso XII, fillo de Isabel II.
En 1885 morre Alfonso e queda como raiña rexente a sua muller, dona Maria Cristina de Habsburgo-Lorena, que deu a luz a Alfonso XIII.
No ano 1894 Cuba fixo un intento de querer separarse de España e seguiulle Filipinas en 1896. Como as relacions con Estado Unidos estaban mal tamen nese intre, ao se xuntaren estas tres situacions, estalou a guerra en xullo de 1898; nesta guerra a mariña estadounidense destruiu duas flotas españolas, unha en Cavite e outra en Santiago de Cuba.
O 10 de decembro de 1898 asinouse o "Tratado de Paris" en virtude da cal España perdeu Cuba, Filipinas e Puerto Rico.
Xose Alvariño Gabeiras, natural de Sillobre, era un mariñeiro de primeira dun dos barcos pertencentes a frota asentada en Santiago de Cuba, o "Pluton".
O 3 de xullo de 1898 houbo un combate naval coa frota norteamericana e suspostamente, segundo contaron Nicolas Garcia Barcia (tamen de Sillobre) e Cayetano Aneiros Cabanas (natural de Fene), que eran compañeiros del no buque, Xose caera morto por mor dunha das granadas que os americanos lanzaran.Pero non fora asi, Xose tivo forzas para pedir auxilio.
Carlos Boado, un alferez de navio ferrolan que conseguira chegar a costa nadando, albiscou a Xose e voltou a auga para rescatalo. Xose estaba malferido e Carlos meteuno nunha cova que habia na praia e segun contaba Boado, Xose dicia:"Ai don Carlos, de hoxe non paso. Eu morro" e tamen dicia que a auga lle facia moito ben nas feridas.
O bo alferez non dudou en poñerlle o seu uniforme de oficial e logo ir por auga para curalo. A fatalidade quixo que ao ir pola auga, os norteamericanos prenderan o alferez, e este o unico que pediu foi que fosen a rescatar o home ferido, pero eles o que fixeron foi atar a Xose Alvariño , en contra da sua vontade, e deixalo morrer ali.
Pouco tempo despois en Cuba estendeuse o rumor de que aqueles restos humanos atopados nunha cova da praia eran dun importante capitan de navio , Fernando Vilamil y Fernandez Cueto (ferrolan).
O xeneral norteamericano Leonard Wood foi ao lugar e comprobou que habia un craneo e osos dun home, atado con cordas a un sillon e cun uniforme de capitan da Armada Española ( o que Carlos Boado lle puxera a Xose Alvariño).
Boado, que ainda seguia vivo, aclararia a confusion algun tempo mais tarde, pero a pesar de todo o 7 de agosto de 1901 a raiña rexente, Dona Maria Cristina de Habsburgo-Lorena, dictou unha Real Orde por medio da cal: “Tributar el debido homenaje a los restos de aquel modesto servidor de la Patria”.

Dende aquel intre , Xose Alvariño Gabeiras, xace no Panteon de Marinos Ilustres de Cadiz, por Real Orde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario