domingo, 7 de febrero de 2016

A Idade Moderna nas terras de Sillobre.


  • Seculo XV.

Despois de ver en seculos anteriores como os nobres levaban parte dos beneficios que os campesiños obtiñan co seu traballo na terra, no seculo XV, na comarca ferrolana quen tiña o dereito sobre estos dereitos era o Mosteiro de San Martiño de Xuvia, ainda que Don Diego de Andrade seria quen obtivese ese dereito para el mesmo.
Os monxes do Mosteiro de San Martiño otorgaronlle o 13 de xullo de 1472 a Don Diego de Andrade unha escritura , diante de Gonzalo Florez de Pontenova ( o escriban de Betanzos), pola cal ceden e aforan a el e a sua muller, Dona Maria de Faro das Mariñas , o señorio e dereito de recoller os beneficios de varios lugares , entre eles os de Sillobre .
Este privilexio servia tamen para todos os descendentes que herdasen a Casa de Andrade. Disto foron testemuñas Pedro de Sallobre, que era arcediano de Trasancos, Afonso Esquio, Rodrigo de Serantes e Alonso Pita, escudeiros da vila de Ferrol.


  • Seculo XVI.

Neste seculo unha nova entidade de poboacion xorde na vida da parroquia de Sillobre, era o chamado "Coto de Belelle", que foi fundado polo rico mercader Juan Diaz Piñeiro Texada . Era alcalde ordinario da vila de Neda e seria o proxenitor de don Andres Benito Piñeiro, un sillobres que chegaria a ser mariscal dos primeiros Borbóns no seculo XVIII.
Ainda hoxe existen no Coto do Belelle os restos da casa señorial dos Diaz Piñeiro , onde habia unha capela cun fermoso escudo que ainda se conserva.
O escudo consta de nove partes, data de comezos do seculo XVIII  e posue unha inscripcion:  DON ANDRES/BENITO PIÑEIRO/MARISCAL DE/CAMPOS Y TENIENTE CORONEL.
Semella que a familia dos Andrade se apoderou de diversas propiedades de Caaveiro, que entre elas estaba este coto, que foi vendido por estes Andrade (vencellados a casa de Lemos)  a un mercador veciño de Pontedeume , chamado Xoan Diaz Cabrera.
Regoela e unha parroquia que dende o Seculo XVI esta anexionada a Sillobre eclesiasticamente. O coto de Regoela pertenecia a unha orden monastica regular, que era a orde do mosteiro de San Martiño de Xuvia.
No seculo XVI Reguela foi un coto redondo , chegando a ser na primeira metade do seculo señorio de Alonso de Parga e de Leonor Freire de Andrade.
Polo casamento de Xoan Pita da Veiga con doña Violante , filla dos citados anteriores, o coto redondo de Regoela pasou a ser propiedade da famila Pita da Veiga.


  • Outros feitos historicos:

No seculo XVI Felipe II descubre o porto de Ferrol e aproveita del a sua boa situacion estratexica. Comenzando con el a etapa urbana e militar . Esta nova etapa afectara a vila de Ferrol e tamen afecta a todas as comarcas do arredor.
No ano 1528 veu unha forte ameaza de ataque as vilas mariñeiras que rodeaban Ferrol; pero sera nos anos 50 cando a guerra con Francia se encrudece, e ainda que finalmente se asina a paz, pasaronse momentos de angustia.
En 1589 movilizanse de novo as xentes galegas, e Ferrol, ao ser punto estratexico sera dende onde se organoce un exercito forte. No ano 1590 situanse nelas as armadas . E sera en 1603 canda a vila de Ferrol demande a reconstrucion causada polos desperfectos das armadas.
Para recostruir a vila ferrolá foi necesario recurrir os montes das comarcas que a rodeaban para talar as arboles e restaurar o destruido (entre eles atopabanse os montes de Sillobre)

No hay comentarios:

Publicar un comentario