lunes, 22 de febrero de 2016

A verdadeira   historia sobre Pardo de Cela
Todos sabemos verdadeiramente a historia do mariscal Pardo de Cela e a sua morte na plaza maior de Modoñedo, pero... e realmente verdad esa historia??
A aparición do seu testamento da a coñecer datos que non se sabían e a sua  presunta morte no mes de outubro.



O descubrimento do testamento do Mariscal modifica a data da súa morte e revela segredos ocultos da lenda. Ademais das súas dúas fillas, tivo un varón non recoñecido
A lenda do Mariscal Pedro Pardo de Cela non é a que se coñecía ata o momento. O achado do seu testamento,  tira por terra o mito que se creou sobre a súa figura. Coñecíase del que foi un nobre do século XV que, apoiado pola violencia, ascendeu a un ritmo veloz na escala social. Isto supúxolle enemistarse coas clases populares, coa igrexa e cunha parte importante da nobreza, estamento ao que pertencía.

Tralo descubrimento  do seu testamento, realizado por Eduardo Pardo de Guevara, investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), coñécense máis datos sobre a súa vida que cambian por completo a visión deste personaxe pertencente á historia de Galicia.

No Medievo empezaron a circular os primeiros poemas sobre Pedro Pardo de Cela, e con eles, afianzabase o mito en torno á súa figura. Mito que pouco ten que ver coa realidade dun nobre medieval que velaba máis polos seus propios intereses que polos de Galicia, cos que se gañou a tradición que se lle atribuía.

Sábese que o Mariscal non foi executado o 17 de decembro de 1483, tras uns rápidos acontecementos na vila, senón que morreu meses antes, o 3 de outubro, tras ser sometido a un proceso xudicial. Ademais, estes documentos sinalan que Pardo de Cela non era partidario de Juana a Beltraneja, senón de Isabel a Católica, malia ser quen ordenou a súa ejecución.

Forma tamén parte da lenda, que este nobre galego era pai de dúas nenas, e descoñecíase a existencia dun terceiro fillo, de pouca idade. Sábese do bastardo que non chegou a idade adulta, posto que non se ten ningunha pegada documental del.

Non era certo que tivese mala relación co clero, a relación do mariscal Pardo de Cela coa Igrexa de Mondoñedo non era difícil, só con algúns clérigos, a maior parte do testamento recolle desembargos da igrexa. De feito, a documentación atopada corresponde a dúas versións do testamento con lixeiras variacións, posto que o proceso xudicial tomou como válida e a que  se considera alterada, inclúe unha mención expresa ao desembargo de bens en favor do Bispo de Mondoñedo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario