lunes, 8 de febrero de 2016

O poder dos Andrade no seculo XVIII.


Pouco tempo despois da unidade española feita polos Reis Catolicos , o Reino de Galicia dividese en 7 provincias: Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui.
Pontedeume e outras terras que forman o seu partido xudicial, entre elas Sillobre, pertenceran a provincia de Betanzos ( a vila e xurisdicion de Pontedeume nos ultimos tempos dos señorios atopabase dividida en 2 alcaldias, unha maior e outra ordinaria. A alcaldia ordinaria constaba de distintas freguesias, entre elas a de Santa Mariña de Sillobre, agas o seu Coto de Belelle que pertencia a xurisdiccion de Caaveiro.
Durante o primeiro cuarto do seculo (1725-30) , ao fusionarse as familias dos Andrade  e os Lemos, a unidade existente antes comezara a estremar ata o punto de dexenerar no mais absurdo centralismo.
Os nobre foxen dos seus estados e buscan na Corte do Rei algunha proteccion. As terras que rodean o rio Eume viviran dende agora, desatendidas por parte dos seus novos donos.
Que dereitos en concepto de señorio da vila e xurisdicion de Pontedeume percibia a casa de Lemos? Canto cobraba a Condesa a titulo de herdeira e sucesora da casa de Andrade?
Pois ben, cobraba por "razon de vasalaxe e talla", "penas de camara", "dereitos de mostrencos por mar e terra", "dereitos de luctosa" ( e dicir, escoller unha peza ou trasto de cada cabeza de familia que morria) "dezmos da vila, xurisdiccion e estados do trigo e cebada, centeo, maiz, millo miudo, liño, viño, castaña e outros productos",...
Dona Tereixa de Andrade foi o derradeiro personaxe con quen a familia de Andrade deixa de existir automaticamente. Era a filla de don Fernando De Andrade e Perez das Mariñas e ao se xuntar en matrimonio con don Fernando Ruiz de Castro Osorio, Conde de Lemos ,  nome dos Andrade comeza a ser absorvido polo da familia dos Castro, a quen pasa o Señorio De Pontedeume.

Repercusión en Sillobre.

A mediados do seculo XVIII os veciños de cada parroquia foron sometidos a un interrogatorio, que constaba de 40 preguntas as cales deberian de respostar. Este e chamado " Catastro do Marques da Ensenada" e data do 1752.
Dito catastro da boa conta de todo co que nese intre se contaba en cada parroquia. Analizando o interrogatorio, os veciños din que a parroquia de Sillobre lle pertence " A freguesia de Santa Mariña de Sillobre era de señorio ( estaba rexida por un señor que levaba parte do que cultivaban os veciños) e pertencia, o estar dentro da xurisdiccion de Pontedeume, a Excelentisima Señora Condesa de Lemos"
En total habia "...91 vezinos..." aproximadamente, o que quere dicir que arredor de 445 persoas, entre as que se di no Catastro "... habia un pobre de solemnidad que vivia de limosna...". Tamen hai referencia  ao numero de casas que habia, que eran "83 habitables y 8 arruinadas".
Os cultivos que naquela epoca se sementaban eran o millo, trigo, centeo, cebada,... sementandose tamen distintas arbores e a vide ; existia unha gran parte de monte inutil e outra que estaba dedicada a coller leña.
Nese momento habia na parroquia:
-10 muiños fariñeiros de agua ( en Marraxon, O Cobelo, Arriba, Rol Vilanova, San Paio, Pegariña, Rio de Saa,...)
-156 colmeas, das que se obtiñan beneficios por cera, mel e enxame
-2 ferreiros, 2 carpinteiros, 1 zapateiro, 2 xastres, 1 taberna
-moitos animais, poldros, poldras, vacas, ovellas, caneiros, cabras, bois, terneiros, porcos,...
As terras pertencian a Igrexia e esta alugaba a particulares, pero faise referencia a "El Rey" dese momento Fernando VI, pois a Ulfe e a Calzada eran lugares de "plantio real", e dicir, os beneficios que xeraban esas terrar eran integros para o monarca.
Segudo o "Catastro do Marques da Ensenada" atopado en Santa Maria de Neda, "... eran del Rey una dehesa( conxunto de terras pechadas con valados arredor e destinadas a pastos ou cultivos) hacia Santa Marina de Sillobre, de 48 ferrados , un vivero plantado de robles nuevos y otros 8 ferrados de vivero de tercera calidad".
Esta e a resposta dada o capitulo 40 do Catastro polos vecinos nedeses.
O rueiro que ia dende Neda a devesa da Sua Maxestade era coñecido como "O Camiño Real" entre os veciños ( pode ser porque pasaba por por posesions do rei, ainda que outros camillos da parroquia tamen se lles chama dese xeito). Este camiño pasaba polo lugar chamado Pallota e chegaba ata outro chamado San Marcos.
Este foi un dos mais importantes eixos de comunicacion entre as xentes de Sillobre e Neda.
A Coroa estaba pasando por unha crise economica. A solocion que o Rei Fernando VI veu mais viable para salvar a situacion  foi a e impor un imposto sobre o tabaco, pois as rendas que esta xeraba eran das mais valiosas. O documento levara o nome de "Manuscrito da Renda do Tabaco". Nel especificase que dentro da provincia de Betanzos, haberia tres partidos: Betanzos, O Condado de Vilalba e Sobrado.
Sillobre pertencia ao de Betanzos, que dentro desde partido era propiedad do señorio laico, e dicir, que estaba en mans dun nobre, o Conde de Lemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario